viernes, 30 de septiembre de 2016

30 setembro 2016

Este curso, o Proxecto Documental do noso cole leva como título "Países e Culturas". En 5º e 6º decidimos que imos investigar sobre algunhas etnias que viven en circunstancias moi diferentes ás nosas.

Como actividade de motivación comezamos cunha pequena sesión de "cine" á que convidamos aos nosos compañeiros-as de 6º.
Proxectamos "La historia del camello que llora", unha marabillosa película documental, que nos transportou a Mongolia, onde descubrimos cómo viven as familias nómadas que se adican ao pastoreo.
Tras a película, posta en común de impresións.
Como broche de ouro o noso compañeiro Andrés (de 6º) nos levou nunha viaxe virtual ao seu país natal, Venezuela. Empapámonos da súa cultura, da súa natureza, da súa gastronomía... 
Grazas Andrés! Aplaudímoste! Foi todo un regalo para todos-as.








jueves, 29 de septiembre de 2016


29 de setembro de 2016

Hoxe, na clase de Valores, traballamos o albúm ilustrado "El libro negro de los colores". Un fermoso relato, no que o seu protagonista, Tomás, un neno cego, describe as cores que nunca viu, a través das sensacións que lle producen.
No traballo da empatía, vendámonos os ollos por parellas e probamos por turnos, a estar privados da vista, e a ser guías dos nosos compañeiros/as.
















lunes, 12 de septiembre de 2016



3, 2, 1..., COMEZAMOS!

Xa estamos aquí e xa por fin nos puxemos caras, vós a min e eu a vós.

Comezamos unha viaxe que nos levará a diferentes lugares e culturas, que aprenderemos a situar en mapas..., 

que a través de experimentos nos achegará á física e á química...., 

que nos axudará a entender aínda mellor e a facer uso do universo dos números 

e a comprender que pequenos/as somos neste Universo..., 

que para estudar ben, hai que saber resumir e redactar, facer esquemas e mapas de conceptos, 

que a través de historias nos achegará á Historia,

xogaremos a ser detectives de faltas de ortografía e creadores dos máis marabillosos relatos inventados,

viaxaremos polo mundo das artes e seremos artistas coas nosas propias creacións...

Crearemos aprendizaxes que nos acompañarán na viaxe da nosa vida.




3, 2, 1..., COMEZAMOS!