martes, 11 de septiembre de 2018

3, 2, 1..., COMEZAMOS!

Comezamos unha viaxe que, a través de contos e historias, nos levará a diferentes lugares e culturas, que aprenderemos a situar en mapas..., 

que a través de experimentos nos achegará á ciencia, 

que nos axudará a entender mellor o universo dos números 

e a comprender que pequenos/as somos neste Universo! 

Xogaremos a ser detectives de palabras e creadores dos máis marabillosos relatos inventados.

Viaxaremos polo mundo das artes e seremos artistas coas nosas propias creacións.

Cunha máquina do tempo viaxaremos a diferentes momentos do pasado.

Crearemos aprendizaxes que nos acompañarán na viaxe da nosa vida.

Noa, Lucas, Sofía, Pedro, Iago, Hugo, Sara, Sabela, Eva, Sergio, Aroa, Pablo, Isaac, David, Sofía Candela, Diego, Leire, Laura, Artai, Brais, Samuel, Luis, Sergio, Daniel... Benvid@s a 3º!



                       












3, 2, 1..., comezamos!