jueves, 4 de junio de 2020

A colcha da amizade

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Agardo que disfrutarades tanto como min a videoconferencia de onte. 

Que peniña da saber que queda tan pouquiño tempo para rematar o curso, e, por outra banda, ben sei que vos fan moita falta unhas merecidísimas vacacións. 
Moito ánimo, porque xa non queda nada e o estades facendo xenial!



Hoxe  propoño que comecemos con estas actividades de Matemátic@s Pro. No enlace tedes unha carpeta co tema completo de Fraccións e a ficha de actividades de hoxe.

Agora facemos esta tarefa de Saborea a lingua.

Na Axencia de Detectives Lingüísticos precisan da vosa axuda nunha investigación sobre o enigma da escritura. Lupas preparadas!

Reto artístico parte I: Seguimos xogando con IMAXEO
Esta vez trazamos, coas gomas do xeoplano virtual, triángulos de tódolos tipos segundo a lonxitude dos seus lados e segundo os seus ángulos. Podedes enviarme algunha foto das vosas creacións. Toda a información de repaso no seguinte video.



Reto artístico parte II: Imos tomarnos uns días para facer esta parte con calma e moi boa presentación, xa que imos facer unha obra de arte colectiva. Instruccións aquí A Colcha da Amizade. Cando teñades todo listo enviádeme as fotos para a montaxe.

Lembrade que estou aquí, ao outro lado do teléfono e do correo para todo o que poidades necesitar. 
Deséxovos moi feliz día a vós e ás vosas familias. Moitos biquiños!!


miércoles, 3 de junio de 2020

Continuamos coa aventura....

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día a tod@s, bo día familias!
Como estades? Agardo que sigades todos ben.
Xa estamos na metade da semana. Hai que ver como corre o tempo, 
incluso nestas extrañas circunstancias. 

Quero aproveitar para felicitarvos. Estades a traballar un montón e moi ben, aínda a pesar de que as circunstancias son moi complicadas para tod@s e do difícil desta situación.

Hoxe comparte o seu estupendo traballo sobre a Idade dos Metais, Hugo. 

Lembrade que durante este tempo de escola na casa, o ritmo de traballo o marcan mamá e papá, aos que lles teño que gradecer, unha vez máis, a súa axuda. 
Dicídello, por favor, da miña parte.

Imos comezar con estas actividades de Matemátic@s Pro. No enlace tedes unha carpeta co tema "As fraccións", completo, ademáis da ficha da proposta de traballo para hoxe.

Continuamos con estas actividades de Saborea a lingua .

Agora seguimos divertíndonos coas nosas prácticas de Laboratorio de Escritura

Aproveita para ler os capítulos VI-VIII de la "Magia más poderosa". 

Toca continuar a nosa aventura...
Historiadores polo Tempo chega a súa parte IV. 
Abandonamos a Prehistoria para viaxar á Idade Antiga. Comezamos con esta actividade.
Ao rematar o seguinte reto, podedes sacarvos unha foto coa vosa calificación, e enviarma ao WhatsApp



Vémonos na videoclase, que ben!!
Apertas

lunes, 1 de junio de 2020

Historiadores polo tempo, parte III

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Onte pasei un tempo moi agradable con vós.
Supoño que xa sabedes o moito que vos boto de menos. 
É incrible o maiores que estades e o ben que o estades facendo. 
Estou moi orgullosa de vós!

Seguimos recibindo fantásticos traballos sobre a Prehistoria, estes chegan da man de Sergio V. e Sofía A.  

Vexo que vos estades animando co xeoplano. Que ben! Hoxe comparten con nós, Aroa, Sofía A. e Leire

Estas son as propostas para hoxe...
Comezamos con un pequeno control para poñer a proba todo o que sabemos sobre A Prehistoria. 
Como xa falamos na videoclase de onte, imos facelo a través dun Breakout, que é un xogo no que teredes que resolver unha serie de misións, para obter o código de volta ao presente. Agardo que vos guste. (Poñédeo mellor a pantalla completa, nos tres puntos da esquina inferior dereita)



Continamos con este repaso, só apto para Matemátic@s Pro. Neste enlace tedes a ficha de actividades de hoxe. Ademáis hai unha carpeta co material complementario que estivemos repasando estes últimos días.

Facemos estas actividades de Saborea a Lingua

Rematamos hoxe coa nosa práctica de Laboratorio de Escritura

Desexo que teñades un día fabuloso, cheo de cousiñas boas. 
Biquiños e apertas

Feliz mes de xuño!

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo


Bo día artistiñas,
Que tal? Agardo que tiverades un marabilloso e divertido fin de semana e que sigades tod@s ben.
Comezamos novo mes, e xa non queda nada para rematar o curso. Imos poñer todas as nosas enerxías neste último impulso. 
Lembrade que estou aquí, xunto a vós, neste camiño, ao outro lado do teléfono e das xanelas virtuais, para o que poidades precisar.

Xa temos máis traballiños xobre a Prehistoria. Están fabulosos! Sergio G, Sara, Iago e Samuel

E agora imos coas propostas para hoxe...

Comeza por estas actividades deseñadas para Matemátic@s  de alto nivel.

Na Axencia de Detectives Lingüísticosprecisan da vosa axuda nunha investigación sobre o ecosistema tropical.

Poñede a proba o que sabedes con estas actividades de Saborea a Lingua

E xa para rematar por hoxe, achégovos o Reto Artístico Festival Fin de Curso. Imos preparar o noso Festival de Cuarto, no enlace tedes todo explicado.

Vémonos na videoclase. Biquiños!!

viernes, 29 de mayo de 2020

As doce probas de Astérix

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Un día novo comeza, o sol brilla e xa, en nadiña, estamos na fin de semana.
Esta semana fixestes novamente un boísimo esforzo, vós e as vosas familias. Grazas á vosa implicación e compromiso facedes posible que esto siga funcionando, a escola na casa, estamos xuntos na distancia. 

Seguen chegando máis traballiños. 
Os primeiros da Prehistoria. Parabéns Hugo e Leire, Están magníficos!

Vexo que vos animastes co xeoplano. Comparten as súas creacións Hugo e Sergio.

Luis e o seu irmán Roque comparten connosco unha foto da plantación que teñen en marcha. Grazas!

Como propostas para hoxe...

Facemos estas actividades de Matemátic@s Pro

Pasaredes un rato estupendo con esta divertida práctica do Laboratorio de Escritura

Imos ler o capítulo 5 de "La magia más poderosa"

Na presentación da Prehistoria xa engadín a Idade dos Metais e a proposta de traballo.


Na última videoclase, falamos de Obélix. Achégovos o enlace a unha das súas divertidísimas películas, "As doce probas de Asterix". Espero que vos guste tanto como a min.

Non esquezades colaborar na casa, xogar, ler, disfrutar, cantar, bailar, sorrir, rir moito, dar paseos con sentidiño e ser moi, moi felices.
Vémonos o luns. Unha aperta enorme e un montón de bicos


jueves, 28 de mayo de 2020

Xogas?

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día!
Como estades? Agardo que sigades todos fenomenal.
Onte disfrutei moito do tempo que volvimos pasar xuntos, "na distancia".
Moitas grazas a tod@s por estar traballando tanto e tan ben, por esforzarvos e, como non, por seguir cun gran sorriso

Seguen chegando súper traballos dos compañeir@s. "Corpos xeométricos nas nosas casas", "Ángulos no meu nome" Sodes xeniais!



Hoxe imos comezar cun chisco de repaso sobre...

Agora xogamos con un xeoplano virtual. Fixádevos nos debuxos que vos deixo a continuación e intentade facelos os tres, colocando as gomas, no lugar indicado nos debuxos. 
Despois podedes seguir experimentando formas e cores. Será xenial se lles sacades unha foto e ma enviades

IMAGEO  

Na Axencia de Detectives Lingüísticos, precisan da vosa axuda nunha investigación sobre curiosidades naturais

Poñede a proba o que sabedes con estas actividades de Saborea a lingua

Divírtete coa proposta de hoxe nesta Práctica de Laboratorio de Escritura


Disfrutade moito, xogade, colaborade na casa e a seguir coa mellor das enerxías. Xa queda menos!
Lembrade que estamos en contacto en todo momento.
Bicos e apertas

miércoles, 27 de mayo de 2020

Lembras cando....?

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Agardo que tanto vós como as vosas familias sigades ben. E que as saídas "con sentidiño", na nova normalidade, vaian compensando o tremendo esforzo que fixestes todo este tempo de confinamento.
Lembrades cando comezabamos a mañá con Brain Gym?



Hoxe convídovos a probar algo parecido para espertar os nosos cerebros. Chámase Finger Gym, e para vós que sabedes tanto inglés non precisa de traducción, non si?
Eso sí, require de bastante práctica, ninguén dixo que fora fácil! Xa me contaredes.


Imos coas propostas para hoxe:

Cos cerebros recén activados polo finger gym, non teredes ningunha dificultade en realizar as tarefas para Matemátic@s Pro de hoxe

E agora poñede a proba a vosa creatividade lingüístico literaria con esta actividade de Práctica de laboratorio. Poñede moita atención e concentración na lectura das dúas primeiras páxinas para logo facer o que vos piden nas dúas últimas.

Hoxe continuaremos coa nosa viaxe pola historia. Durante a nosa videoclase visitaremos a Idade dos Metais e faremos unha parada no Museo de Arte Prehistórico. Pero antes, lede, por favor con atención, un par de veces ás páxinas 102 - 105 que se atopan no seguinte enlace A Prehistoria.

Vémonos logo! Biquiños