jueves, 30 de abril de 2020

Aí ven o maio...

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas!
Como estades? E as vosas familias? Agardo que todo siga ben. 
Máis tarde, na "videoclase", xa me contades.



Propostas para estes días:
Accede ás actividades dos seguintes enlaces.
Clasificación de alimentos
Dieta
Dieta mediterránea
E o "Ponte a proba" de hoxe é:  Que sabemos sobre alimentación?
A apertura do noso restaurante de comida saudable para levar, tivo moi boa acollida. Agora que xa eres un/unha experto/a en alimentación saudable, deseña un menú variado e equilibrado para a carta do restaurante.
Non esquezas que os traballadores de Villacomida traballan a turnos, e no restaurante ofértanse  opcións para as cinco comidas do día.

Plástica.- En nada comeza o mes de maio...  Con motivo da celebración da festa popular dos Maios, ímonos a unir ao reto semanal que a profe María José lanzou na súa clase.  Trátase de facer un maio en familia. Os materiais a utilizar son libres, con cousas cotiás das que temos  por casa, e as posibilidades son tantas como a vosa imaxinación e a vosa creatividade vos permitan. Enviádeme as fotos do resultado ao correo e se queredes tamén do proceso. Nós xa comezamos o noso na casa!!
Déixovos uns retos artísitcos para facer elementos que vos poden servir para a elaboración do voso"Maio" e tamén, por se vos pode axudar, como idea, para facer algo para estes días... xa me entendedes... falámolo o martes.... sssshhhh, non digades nadiña!!

Reto artístico 19reto artístico 20reto artístico 21reto artístico 22

Vémonos en nadiña. Que ilusión!!
Biquiños

miércoles, 29 de abril de 2020

Abrimos o restaurante!

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día a tod@s!
Aquí estamos, un día máis e tod@s ben!!
Hai un ano, estabamos nunha saída ao Concello para ver a función "Chamádeme Simbad". E, mentres esperabamos para entrar, atopámonos con alguén moi especial e que nos fixo moito ilusión a tod@s
Dentro vídeo!

Por certo, os que estades en contacto con Pedro Cadahía, non esquezades darlle unha aperta da miña parte.

O agora xa, Centro Comercial Villacomida, vai vento en popa coas ventas online, grazas polo voso esforzo para preparar os pedidos. 
Con todo esto en marcha e tanta xente traballando nos pedidos e no transporte, non nos queda outra opción, que poñer en marcha o Restaurante, para ofertar un servicio de comida para levar, para os traballadores/as.
Por favor, axudádeme a organizar todas estas comandas e os seus correspondentes tickets. Pedidos restaurante

O ponte a proba de hoxe é Que sabemos do... Grupo Nominal? con estas propostas
Non esquezas repasar a información relacionada con sustantivos, determinantes, adexectivos e grupos nominais.

No caderno de naturais, nunha folla nova, preparamos o título "A Roda dos alimentos"
Entramos neste enlace Xente con vida e coa información que alí obteñamos imos completar nos nosos cadernos unha roda dos alimentos. Nela escribiremos os nomes en galego, de exemplos dos diferentes grupos. Podedes acompañalos de debuxos. Facilítovos un modelo Exemplo Roda Alimentos

Lembrade que durante este tempo de escola na casa, o ritmo de traballo o marcan papá e mamá, aos que lles teño que gradecer unha vez máis a súa axuda. Dicídello, por favor, da miña parte.

Deica mañá! que teñades un precioso día, apertaaaaas para vós e as vosas familias!

martes, 28 de abril de 2020

Villacomida amplia o seu negocio!

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día artistiñas!
Seguimos tod@s ben? E as vosas familias? Desexo que sí.
Hoxe volvemos vernos. Que ilusión!
Lembrade revisar os vosos correos para as "videoclases" de hoxe.
Por outra banda, os que participastes no Certame de "Larpeiros Festeiros" tedes, dende o domingo os vosos diplomas no correo electrónico. Pronto publicaranse as receitas neste blogue.

E agora as propostas para hoxe:

O que comezou como unha pequena tenda familiar, na colina de Castrelos, tivo unha fama tal, que o negocio non para de medrar. Agora estase a especializar noutros productos. Estes pedidos son para esta semana  Pedido, Villacomida Centro Comercial

Xa que a alimentación segue a ser a nosa especialidade de ventas, poñémonos a proba co "Que sabemos sobre...Saúde?. Lembrade que, coma sempre, non é preciso imprimir, facede os exercicios nos vosos cadernos de naturais.

E agora reflexionamos sobre este texto. Un fragmento máis do libro "Amar" que xa coñecedes, de Palabras Aladas. Que bonito e coidar a alguén, e por suposto, tamén, que coiden de nós.
Cuidado_Amar

Vémonos en nada!
Biquiños

lunes, 27 de abril de 2020

Sodes un gran Equipo!!

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día a todos e todas e feliz comezo de semana!!
Agardo que sigades todos ben e que tiverades unha estupenda "finde".


Estes días, rememorando momentos e fotografías vosas, cheguei a estas.
Son do Magosto de 2019, no que fostes uns fantásticos padriños e madriñas para estes nen@s , da clase de 5 anos.
Son só unha mostra máis de que sodes un Equipazo!!


Despois da nosa videoclase do venres, fágovos estas propostas de traballo para que poidades repasar e ver se tedes dúbidas. que poderemos resolver durante a nosa sesión de mañá:
Repaso Tema 8 Matemáticas e estudar.
Repaso Tema 10 Lengua e estudar.
Naturais: Repasamos, para mañá, "O corpo humano".

Que teñades un día fantástico!
Biquiños

viernes, 24 de abril de 2020

A maxia máis poderosa

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Olaaaaa! Que tal estades hoxe?
Con ganas de comezar a fin de semana, supoño.
Esta semana foi moi especial. Foi xenial pasar eses ratiños con vós compartindo, ver o cambiados que estades nun mes e dez días, e poder dicirvos, cara a cara, o ben que o estades facendo.

Por outra banda, quero aproveitar para dicirvos que todos os traballos que foron chegando nestes días son xeniais: as receitas, os contos, os traballos sobre o día do libro... Os que quedastes algo atrás, non vos preocupedes, ide enviándoos cando os teñades.
Un aviso para todos os que participastes no certame "Larpeiros Festeiros" revisade os vosos correos durante a fin de semana, que será cando o xurado envíe os diplomas aos gañadores. Nos próximos días procederan a publicalos, utilizando este blogue.

Hai exactamente un ano visitamos as instalacións de Vitrasa. Ademáis de ser unha visita didáctica onde aprendemos moito, lembro que pasamos moi bo rato. Especial mención merece a merenda coa que vos agasallaron: patacas fritidas de bolsa e refrescos e zumes para todos. A min o que máis me gustou foi con quen compartín a viaxe no Vitrasa e a conductora que nos tocou.




Propostas para estes días:
- Coa grande demanda de compras online debido a situación de confinamento, "Villacomida" abre o seu departamento de venta a distancia. Déixovos os pedido: Villacomida OfertasVillacomida Pedido
- Lengua: Páx. 141, ex.  4 - 8

De cara as futuras saídas que os nenos poder facer a partir do luns 27, comparto unha sinxela infografía con pautas e recomendacións, para ter a man cando poidan sair á rúa, a partir do 27 de abril. Está elaborada con moito cariño polos mestres @Pacoromero1965 e @Profe_RamonRG

Coas licencias que vos pasei aos correos, da editorial Santillana, podedes acceder ao libro dixital "La magia más poderosa" de Carlo Frabetti.
E para seguir festexando a semana do Libro, convídovos a ver esta obra de teatro que nos ofrece a compañía "Teatro Ghazafelhos" a través de Afundación. Son os mesmos actores que representaron a última obra de teatro que fomos ver en febreiro "Nana para un soldado".
A función "Rubicundo" está basado nun libro da escritora galega, María Canosa. Desexo que vos guste.
Entrada familiar. Teatro "Rubicundo"

Unha aperta enorme.

jueves, 23 de abril de 2020

Le, abre as túas ás e viaxa!

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas!

Como xa sabedes hoxe é o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, unha celebración para promover o disfrute dos libros e da lectura. Cada 23 de abril, sucédense celebracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros.
Proclamada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, esta data simbólica da literatura universal coincide coa da desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega.
Dende aquí: Día Libro UNESCO, podedes acceder á web da UNESCO e botarlle unha ollada á entrada relacionada con esta celebración. 
Comparto con vós este conto Mi héroe eres tú, que descarguei da páxina da UNESCO e que penso vos pode gustar.
Precisamente por esta situación anómala de confinamento son moitas as iniciativas que autores, contacontos. editoriais, bibliotecas,... están a levar a cabo para achegarnos a todos á lectura a través das novas tecnoloxía e dos nosos dispositivos dixitais. Invítovos a curiosear unha vez máis en Galicia Le e en Espazo Lectura


Agardo que as vosas creacións literarias estén florecendo e que mas vaiades achegando cando as teñades listas, nas sesións que temos estes días, para ler e compartir co grupo.

Lembrade revisar os vosos correos para as invitacións para as sesións de hoxe.

E aquí as propostas de hoxe:
Biblioteca
e para cando te apetezan...  Reto artístico 17 reto artístico 18

E que mellor forma de dicir deica logo, que cun recordo de hai un ano, acompañado dunha fermosa canción de Caetano Veloso que todos coñecemos, de escoitala ás veces na clase para relaxarnos. Lembrades?

Vémonos logo. Biquiños

miércoles, 22 de abril de 2020

Feliz Día internacional da Terra!

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Como estades? E as vosas familias?
Nos seguimos ben e desexo que tamén o esteades todos vós.

Hoxe é un día moi especial, xa que temos o noso encontro ás 12:00.  Que emoción!
Agora que non nos escoita ninguén, hei de confesarvos que estou bastante nerviosa (esto tamén é novo para min) pero teño moitísimas ganas.

Entre tanto podedes traballar un pouco nas propostas que teñades pendentes destes días, ou se xa rematáchedes, continuar con estas:

Tomando como modelo este organizador gráfico Reporte dun libro, faremos, nos cadernos de lengua, unha recollida de información, sobre os diferentes apartados que se indican. Fixádevos que algúns son para responder con datos de forma precisa (título, autor, nome dos personaxes), e noutros en cambio, déixase espazo, de xeito que aproveitedes para redactar as diferentes partes da trama do libro (que sucede primeiro, como se desenvolve a historia, que sucede ao final).

E agora propoño que fagades o seguinte. Elexides un conto popular, unha fábula, un conto clásico,... deses que coñecemos todos. E seguindo esta plantilla, Partes dun conto, nos vosos cadernos, escribides o título do escollido e completades as partes da súa trama.

Lembrade que non é preciso imprimir nada, e que o podedes facer nas vosas libretas de Lengua. Por favor, facede estas dúas actividades en galego, para practicar a nosa expresión escrita.

E para celebrar, dun xeito que disfrutamos todos, o Día Internacional da Terra, os nosos retos artísticos de hoxe, son en homenaxe ao noso planeta:
Reto artístico 15  e  reto artísitico 16 



Vémonos nun chisco! Biquiños




martes, 21 de abril de 2020

Creando, creando...

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Como estades hoxe? Por aquí con moitas ganas de vervos e que me contedes un montón de cousas de todos este días. Que raro se me fai! De pasar sempre tanto tempo xuntos a tanto tempo separados. Xa queda menos...

Hoxe é o "Día Mundial da Creatividade e a Innovación", designado polas Nacións Unidas para promover o pensamento creativo de calquera disciplina que nos poida axudar a conseguir o futuro sostenible que queremos.

Por outra banda, o próximo xoves 23 é o DÍA DO LIBRO. Xa que non estamos na clase para poder celebrar esta data tan sinalada, propoño, poñer en marcha esa creatividade que festexamos hoxe, para homenaxear os nosos queridos libros, igualmente dende as nosas casas. 

Cada un de vós poderá escoller cómo facer este recoñecemento aos libros e aos escritores que tan bos momentos nos fan pasar. Só vos porei un requisito, que fagades este traballo en galego.
As posibilidades son tantas como a túa imaxinación e a túa creatividade te permitan. Iso sí, como a ocasión o merece, e ademáis estamos na recta final de 4º, o traballo ha de ser de calidade.
  • Creación dun conto, a partir dos personaxes que creaches no traballo da semana pasada ou libres a escoller.
  • Creación dun anuncio animando a ler, en vídeo ou en papel.
  • Creación dun vídeo facendo unha recomendación sobre o voso libro favorito tipo "Letubers".
  • Creación dun cartel, libriño... onde se recollan refráns, adiviñas, poemas,... sobre os libros.
  • Creación dun mural, folleto, libro sobre o día do libro: o seu porqué,...
  • ... e todo o que se vos poida ocorrer.
Podedes enviarmo, ao correo, durante esta semana. Coma sempre, colgarei todas as vosas aportacións.

Aproveito para compartir, con todos vós, un conto que me enviou Laura, hai xa uns días e que promete ser o primeiro de moitos que virán. Mis mágicas mariposas

Dende aquí podedes acceder ás propostas de matemáticasA carnicería de Rosendo
E á proposta de lengua: páx. 145, ex. 1, 2, 5, 6, e 10 (só apartado A).

E aquí as apertas e bicos que vos teño gardados para cando nos volvamos xuntar. Moi feliz día!





lunes, 20 de abril de 2020

Libros voadores

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día queridiños e queridiñas,
Que tal a fin de semana?
Espero que disfrutarades moitísimo e que todos e as vosas familias sigades ben.

Agora toca comezar unha nova semana, volver ás rutinas de traballo tan importantes e necesarias para todos nós. Sei que estes días, ás veces, non está a ser nada doado. Que vos parece se hoxe comezamos deste xeito?

Seguro que xa mellor para comezar!

Antes de nada, quero dicirvos que o xurado de "Larpeiros Festeiros" está impresionado coas receitas tan estupendas que foron chegando e que durante esta semana, procederán á entrega de diplomas e exposición de traballos.

Propostas de traballo:
Matemáticas.- No tema anterior aprendimos na clase, a sumar e restar con medidas de lonxitude. Hoxe toca refrescar como se fai, pero neste caso imos intentalo coas medidas de capacidade e de peso. Lemos con moita atención e copiamos no caderno de matemáticas o cadro de páxina 123 "Suma e resta de medidas de capacidade e peso".  Facemos os ex. 2 e 3 da páx. 123 e da páx. 125, os ex. 11 e 12
Podedes consultarme no correo calquera dúbida que poidades ter. Pronto o revisaremos xuntos.

Lengua.- Na libreta facemos un cadro ben bonito, sobre o "Uso de la G" a partir deste modelo que vos achego "Uso de la G", ou do que tedes na páx 142 do libro. A continuación, faredes as seguintes actividades: páx. 142, ex 1 e 3 e da páx. 143, ex. 6 e 7.

Comezamos a semana na que celebraremos o "Día do Libro". Neste tempo que levamos de confinamento, o libros convertéronse, aínda máis, en compañeiros moi especiais para moitos de nós. Déixovos esta fermosa curtametraxe e unhas actividades relacionadas para facer nas vosas libretas de lengua.



Que teñades un marabilloso día. Unha aperta moi forte!

viernes, 17 de abril de 2020

Plans de fin de semana

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día a todos!
Como estades? Como vai todo?
Tedes algún plan interesante para a fin de semana? Ides facer algún picnic no salón da vosa casa, algunha maratón de películas, unha olimpiada de xogos de mesa, algunha festa de pixamas coa familia, ides rir a escachar cunha das vosas videochamadas de grupo,...?
Nós tamén estamos a argallar unha fin de semana de diversión, que é o que toca despois de traballar pola semana.

Estas son as propostas para hoxe:

Lembrades que o curso pasado estivemos traballando o libro "Emocionario", e fostes bos marchantes de arte, buscando obras pictóricas relacionadas coas emocións que iamos descubrindo e traballando nese libro?
Clicade aquí para refrescar a memoria: Máquina do tempo nov.18

A actividade que vos propoño agora está relacionada co libro "Amar", da mesma editorial Palabras Aladas. No seguinte enlace tedes a lámina de traballo e as actividades relacionadas coa mesma. Enlace_amar

Como van esas receitas? xa lle estades a dar voltas á cabeza porque non sabedes por cal decantarvos?
Aquí vos deixo algunhas actividades para seguir practicando as equivalencias de medicións de capacidade e peso, que tanta falta vos van facer para atinar coas cantidades axeitadas para o concurso.
Libro matemáticas, páx. 124 ex. 1, 3, 4, 6 e 7

E para rematar, preciso da vosa axuda. Volve ao traballo a axencia de detectives de palabras "Saborea a lingua". Na libreta de lingua, clasifica os sutantivos, os determinantes e os adxectivos que atopes nesta recopilación de refráns do mes de abrilCoñecedes na casa máis refráns relativos ao mes de abril? Seguro que si, así que, cóntanolos! Anímate!

Non quería despedirme sen agradecervos, unha vez máis, o tremendo esforzo que estades a facer queridos alumnos e familias, non hai palabras para a vosa, coma sempre, boísima colaboración.
Así que para agradecervos dalgún xeito e, de paso, formar parte dalgún deses plans de fin de semana, ... como a cousa vai de cociña...,
Esta finde convídovos eu ao teatro: SAAABOR! Ticket Familiar
Moitos biquiños.



jueves, 16 de abril de 2020

Larpeiros Festeiros

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas!
Como estades vós e as vosas familias?
Supoño que esta semana está sendo algo máis dura, xa que os días que levades na casa van pesando e ademáis estamos voltando duns días de descanso e desconexión.
Pero sabedes que? Tedes que estar moi orgullosos do ben que o estades a facer. A vosa si que é unha Misión Cumprida: estades na casa e a salvo. Os meus aplausos das 20:00h tamén van por vós, nen@s en casa dende hai un mes e 3 días. Moito ánimo e forza que xa queda menos para vernos.

Estas son as propostas para hoxe de Matemáticas e linguas:
Agora que, no confinamento, estamos todos e todas a exercer de Mestr@s Cociñeir@s e Mestr@s Reposteir@s, "Larpeiros Festeiros", lanza un certame onde só poderán participar os mellores da alta cociña. Estas son as Bases para participar en Larpeiros FesteirosAnimádevos a participar. A ver con que sorprendedes ao selecto xurado. Oído, cociña?

E agora déixovos con esta curtametraxe The Present (El Regalo), de apenas tres minutos de duración que foi galardoada en moitas ocasións e representada en numerosos festivais de cine.


Agora podes facer esta Ficha "El regalo"

Deséxovos un día precioso e de moito disfrute.
Unha aperta enorme.

miércoles, 15 de abril de 2020

Feliz día mundial do arte!

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día artistiñas, como estades?
Que traballiños tan chulos seguides enviando. Moitas grazas polas vosas achegas. Nestes días farei outra montaxe cos que van chegando
Moito ánimo para vós e as vosas familias, e xa sabedes que me podedes contactar para calquera dúbida ou necesidade.

Déixovos aquí as propostas para hoxe, pero xa sabedes que o ritmo estes días o marcades papá e mamá. Grazas pola vosa colaboración. 

Matemáticas: Supoño que todos seguides tendo na carpeta esta folla Unidades de medida, A parte de lonxitude e a de capacidade xa están pegada nos cadernos. 
Agora imos preparar a de peso igual ca fixemos coa de lonxitude e a de capacidade. 
Se aquelas estaban en tons verdes e azuis, para esta do peso, elixides vós outra cor que poidades graduar. 
Utilizades a cor media para o gramo, esa cor máis escura para os múltiplos do gramo e esa mesma cor máis clara para os submúltiplos do gramo. 
Recortamos e pegamos no caderno, pero antes lembrade recortar e pegar o título Peso.
Se por algún casual vos faltase esta parte sobre o peso, deixade media páxina para pegalo máis adiante cando vos poida volver dar a fotocopia.
Nesta carpeta Unidades de medida tedes, tamén as escaleiras de conversión de unidades de lonxitude, capacidade e peso, que vos serven para repasar. 
Esto o vimos, na clase, os últimos días. Lembrade que "Para subir, dividir; para baixar, multiplicar". 
Multiplicamos ou dividimos de 10 en 10, por cada cambio de escalón, tal como facíamos coas medidas de lonxitude e de capacidade
Déixovos este vídeo que vos axudará a revisar toda esta información.



Agora toca practicalo un chisco. Non dubidedes escribirme ao correo coas vosas dúbidas.
Páx. 120 ex. 1 e 2, páx 121 ex. 6 e  7.


Lengua: O último día traballamos a flor dos adxectivos e uns exercicios relacionados do libro. Hoxe imos xogar coa escritura creativa e imos crear personaxes, a partir de adxectivos. Neste enlace adxectivos tedes todo o necesario (lembrade que non é preciso imprimir). Facédeo na libreta de lengua a continuación do último, xa que está relacionado. 
Esta vez traballaremos esta parte en galego. Sería xenial se utilizarades tamén adexectivos distintos dos exemplos. A ver que personaxes tan ocurrentes e divertidos discurrides!

Para conmemorar o Día Internacional do Arte, invítovos a acompañarme nunha excursión-visita á sala de exposicións Afundación, que visitamos este curso. 
Neste caso trátase doutras obras de arte e doutros artistas. Apúntaste? Vémonos na exposición! Eu vou a estar seguro! Ticket de entrada Afundación

E non me quero despedir sen un pouco de música con boa enerxía. Poñede a bailar a toda a familia!
Moitos bicos


martes, 14 de abril de 2020

Feliz 3º trimestre!

Axenda 4º primaria, 13 abril - 19 abril
Axenda 4º primaria, 30 marzo - 5 abril
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día queridos alumnos e familias!!
Espero que todos sigades ben. Nós todos ben e, por agora, toca seguir na casa.

Cóntanme os vosos pais/nais que o estades a facer de marabilla, que vos estades portando xenial e que colaborades moito na casa. Deste xeito vós tamén estades a ser verdadeiros heroes e heroínas, axudando na loita contra o Covid-19. Seguide así!

Eu hei de engadir a todo eso, que ademáis estades a traballar estupendamente nas propostas que vos vou facendo e que me ides achegando polo correo. Moitas grazas. Sodes xeniais!

Déixovos unha pequena mostra


Déixovos aquí unha proposta para hoxe. "Boundin, la oveja esquilada"



Tras visionar esta curtametraxe, podedes facer esta Ficha de Boundin

Non podiamos despedir a pascua, sen un pouco de chocolate. Aínda que por agora teña que ser así

E aquí algún coelliño que quedou despistado 

Disfrutade moito do día. Apertas para tod@s!




domingo, 12 de abril de 2020

FELIZ PASCUA!!

Moi feliz domingo de Pascua artistiñas!
Como estades? Que tal estes días de descanso e desconexión? 
Agardo que sigades ben tanto vós como as vosas familias e que esteades a repoñer forzas e enerxía para o terceiro trimestre.
Queriades facer unha "Busca de ovos" na clase, e non vai ser posible neste momento, pero déixovos uns pasatempos e uns retos artísticos para estes días, e esa búsqueda con sorpresas incluídas, queda pendente para cando nos volvamos xuntar, en maio ou en xuño.

"Atopa o pitiño agochado"

"Atopa un ovo de Pascua" en cada unha das seguintes láminas
 
 
Podedes seguir disfrutando de máis retos artísticos e voluntarios aquí: reto artístico 9reto artístico 10reto artístico 11reto artístico 12

E disfrutar do resultado das vosas creacións... Grazas!

Déixovos uns REFRÁNS sobre a Pascua...
                "Altas ou baixas, en abril son as Pascuas".
                   "Tal teñas a Pascua, cal teñas a casa".
                   "Día de Antroido e dia de Pascua, cada larpeiro, na súa casa".

E unhas FRASES FEITAS e os seus significados. A ver se conseguides usalas polo menos unha vez hoxe.
                   Alegre/contento coma unhas pascuas. Moi contento.
                    De pascuas en flores/en ramos. De cando en vez.
                    Facerlle a un as pascuas. Enfastiar.

Déixovos por hoxe, na mellor das compañías, a dos vosos seres máis queridos. 
Bótovos moitísimo de menos, pero cada vez queda menos para vernos.
Unha aperta enorme e biquiños de Noa e Mía

domingo, 5 de abril de 2020

Vídeo propostas de Emma

Bo día e Feliz domingo de Ramos!
Déixovos un vídeo que me envía a profe Emma e que preparou cos vídeos que lle foron chegando de algúns de vós.



Seguide disfrutando do día.
Biquiños


viernes, 3 de abril de 2020

Toca parar un pouco...

Axenda 4º Primaria, 30 marzo - 5 abril
Axenda 4º Primaria, 23 marzo - 29 marzo

Queridiños e queridiñas,
Cómo estades hoxe? E as vosas familias? Desexo que sigades todos ben.

Imaxino por outra banda que estades, entre outra cousas, todos ilusionados por rematar o trimestre. Que emoción cando chegan as tan ansiadas vacacións! Especialmente cando se traballou arreo, cando se traballou ben, cando un fixo o mellor que puido...

Desta volta non vai ser o mesmo, xa sei. Leva un tempo sen ser o mesmo. Pero convídovos a seguir reinventando os vosos fogares e a seguir difrutando do tempo en familia. Tempo dese, do que habitualmente non temos e que tanto presta.

Pois sí, toca parar un pouco as máquinas, pero antes quero agradecervos o voso traballo durante este trimestre, a ilusión que contaxiades por seguir descubrindo o mundo, e o compromiso que mantedes coa vosa aprendizaxe.
Ademáis quero felicitarvos por ese cariño e respeto que tedes entre vós e que vos fai ser un grupo tan especial, un verdadeiro Equipo.

A vós, pais, nais e incluso algúns avós e avoas, quero agradecervos a implicación, dedicación e colaboración coa que tiven, sempre, a sorte de contar.
Nestes días de crise, aínda foi a máis. A vosa labor foi fundamental para poder sacar todo isto adiante. Sen a vosa axuda, moito disto non sería posible.

E agora imos coas propostas para hoxe ou para estes días:
- Ver axenda venres 3/04

- Os que non o fixestes aínda, por favor enviádeme, cando poidades, un correo á dirección que vos facilitei, para ter todas as vosas.

- GALICIA LE
A Xunta de Galicia acaba de abrir a todo o mundo o seu catálogo dixital con máis de 4500 obras. A través da plataforma "Galicia Le" podedes acceder en préstamo a todos eses fondos


-  É moi importante que leades moito, moito, moito estes días!

-  Aproveitade para relaxarvos sos ou en familia. Clicade en "un pouco de ioga" e en   "un pouco máis de ioga", ou en "el cuento de las mariposas" que tamén coñecemos
- Seguide disfrutando dos retos artísticos : Reto artístico 3reto artístico 4reto artístico 5reto artístico 6reto artístico 7, reto artístico 8. Encántanme os que ides enviando. Ireinos colgando estes días.

- Pero sobre todo, non deixedes de bailar, xogar, disfrutar e rir!!


E así, despedímonos do trimestre, pero con un ata pronto deses que nos gustan, con sabor a merendola das de sempre, das que compartes cos que queres e te queren de verdade.


Ahí estabamos nós, hai un ano, de merendola para despedir o segundo trimestre. 

Bótovos moitíiiiiisimo de menos e estou desexando vervos pronto.
Un achuchón enorme para cada un!

jueves, 2 de abril de 2020

Feliz día Internacional do Libro Infantil!

Moi bo día queridiños e queridiñas! Como estades vós e as vosas familias? Agardo que sigades todos ben.

Axenda 4º Prmaria, 30 marzo - 5 abril
Axenda 4º Primaria, 23 marzo - 29 marzo 



Hoxe 2 de abril, como cada ano, conmemórase o "Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo", declarado por unanimidade pola Asamblea Xeral das Nacións Unidaspara visibilizar as necesidades, pero tamén as capacidades das persoas con autismo. Este ano baixo o lema "Podo aprender, podo traballar".


Por outra banda...Sabedes que tal día coma hoxe nacía, no ano 1805 o escritor danés Hans Christian Andersen? Seguro que vos resulta máis coñecido se vos digo que é autor de obras tan polulares como "El patito feo", "La Sirenita", "El soldadito de plomo", "La princesa y el guisante"...
Pois dende 1967, o 2 de abril, vense festexando o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data do nacemento deste escritor. Deste xeito promociónanse os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os cativos e a mocidade.

Convídovos a visitar esta páxina, Espazo Lecturana que hai sesións de contacontos, pero ademáis recomendacións de lectura, feitas por nenos/as de diferentes idades, dende as súas casas, durante o confinamento, #quedonacasalendocontigo. A ver se vos animades e vos unides ao clube dos "LeTubers"!

Déixovos as solucións as actividades propostas durante os últimos días. A continuación tedes os enlaces que vos levarán aos documentos, para que poidades ir revisando os exercicios que xa vaiades rematando.
Solucións matemáticas, 2 abril
Solucións lengua, 2 abril
Lembrade que estas son sempre propostas e que en ningún caso teñen data límite de entrega. Polo tanto o ritmo o seguides marcando vós, pais e nais. A finalidade é a de que poidan seguir repasando os contidos e que manteñan unhas certas rutinas.

E premendo aquí...  Reto artístico 1  
                                 Reto artístico 2 ...
                                            o divertimento artístico está asegurado!!
Moi feliz día a tod@s. Unha aperta enormíííííííísima!

miércoles, 1 de abril de 2020

Bem-vindo abril!



Bo día rapaces e rapazas, bo día familias! Benvido mes de abril! 
Que tal estades? Como estades levando estes días? Desexo que ben. Lembrade que xa só quedan 3 días para rematar este trimestre. Estades a facelo de marabilla!

Aproveito para lembrarvos, familias, que na páxina web do cole puxeron un aviso onde vos explican o procedemento para recibir os boletíns o venres. Supoño que xa vos chegaría o aviso. Calquera cousa, non dubidedes poñervos en contacto conmigo.

Propostas para hoxe: 
 Matemáticas: Supoño que todos tedes na carpeta esta folla Unidades de medida, a de lonxitude xa está pegada nos cadernos no tema anterior. Agora imos preparar a de capacidade igual ca fixemos coa de lonxitude. Se aquela estaba en tons verdes, esta, se vos parece ben, podemo facela en azuis, tal como a outra. Utilizamos o azul medio para o litro, os azuis escuros para os múltiplos do litro e os azuis claros para os submúltiplos do litro. Recortamos e pegamos no caderno a continuación do de onte. Lembrade recortar e pegar o título Capacidade, antes. Se por algún casual vos faltase, deixade media páxina para pegala máis adiante.
Nesta carpeta Unidades de medida tedes, tamén as escaleiras de conversión de unidades de lonxitude, e capacidade, que vos serven para repasar. Esto o vimos, na clase, os últimos días. Lembrade que "Para subir, dividir; para baixar, multiplicar". Multiplicamos ou dividimos de 10 en 10, por cada cambio de escalón, tal como faciamos coas medidas de lonxitude.
Déixovos este vídeo que vos axudará a revisar toda esta información.


Agora toca practicalo un chisco. Non dubidedes escribirme ao correo coas vosas dúbidas.
Páx. 118 ex. 1 e 2, páx 119 ex. 7 e 8.

Lengua: Nas vosas carpetas tedes unha folla cun esquema, en forma de flor, sobre os adxectivos como este: adjetivo - flor. Recortamos todo arredor e reservamos.
No caderno de lengua, en posición horizontal, nunha páxina nova,  pegamos a flor, pero só pegamos polo centro, o que ten forma de hexágono. Non pegamos os pétalos. Agora debuxamos, con coidado, o contorno de todos os pétalos. Doblamos os pétalos polas liñas rectas e escribimos no caderno exemplos de cada pétalo.
Por exemplo: debaixo do pétalo de ¿qué color tiene? escribiremos adxcctivos sobre cores: azul, verde, negro... Sen saírnos do debuxo dos pétalos que debuxamos no caderno. Así ao levantar cada pétalo teredes debaixo os exemplos. Como xa fixemos montóns destes deplegables, sei que vos quedará estupendo.
Facemos da páxina 140 do libro de lengua castelá, os exercicios 1 ao 3
Mañá colgarei as solucións ás actividades dos últimos días, para que poidades ir revisándoas. Estes días tócavos botarme unha man, e ser un pouco alumnos, un pouco profes.

Unha vez máis, grazas polo voso esforzo!! E xa sabedes que aquí estou, para o que necesitedes.
Moitos biquiños.