viernes, 28 de octubre de 2016


Achégase o SAMAÍN...

E para festexalo aproveitamos a ocasión para traballar poemas de medo, facer relatos arrepiantes e, como non! unha pequena manualidade terrorífica relacionada co tema.


















O que máis nos fascinou? 

O ratiño que nos sobrou para caracterizarnos



viernes, 21 de octubre de 2016


A GRAN FESTA DA NOSA BIBLIOTECA!
Inauguramos a Biblioteca para este curso 2016/17. 
Para a ocasión o salón de actos se convertiu nunha festa que tiña como tema as viaxes, cun aeroporto, cunha estación de tren,...




O músico Joao Paulo, achegounos cancións do seu país, Brasil


 

Felicidades á Biblioteca, pasámolo fenomenal! 




jueves, 20 de octubre de 2016


Hoxe tivemos un correo moi especial. Recibímolo das mans do mesmísimo MIK, que viu visitarnos á nosa clase











Esta aventura promete!!


miércoles, 19 de octubre de 2016


MENUDA SORPRESA!

Pensei que vos ía sorprender cunha pequena merendola... e isto foi o que atopei

Pódese pedir máis? Pois claro que non, pero vós aínda tiñades máis sorpresas agardando agochadas.










Mía non se podía sentir máis especial e querida e eu babeei con ela e con vós. 
E que sodes especiais...
GRAZAS!



lunes, 10 de octubre de 2016


Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero, o 25 de outubro, estudamos biografías de mulleres de diferente orixe e extracción social que, máis alá do papel tradicional reservado ás mulleres no ámbito familiar, contribuíron dalgún xeito, ao desenvolvemento social, político...
Malala convertiuse no centro de atención de todos os nosos "intrépidos investigadores", así que decidimos afondar na súa historia.













Este foi o estupendo resultado!


Durante a fin de semana, escribimos fermosísimas cartas de agradecemento e admiración á que se convertira nunha das nosas heroínas: Malala



Grazas a todos-as!