jueves, 22 de noviembre de 2018

Preparativos

Na clase levamos días facendo actividades con motivo do Día Contra a Violencio de Xénero.
Hoxe, Aroa trouxo uns folletos con información respecto deste tema.




Grazas Aroa por conpartir!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

As viaxes de Lin

Lin acaba de pasar unha semana estupenda na casa de Diego, e Diego deu boa conta do moito que disfrutaron xuntos.

lunes, 19 de noviembre de 2018

"Emocionario"

Na clase de valores estamos a traballar este marabilloso libro

Descubrir e intentar comprender emocións, non é traballo doado. O "Emocionario", describe de forma sinxela, 42 estados emocionais para aprender a indenificalos e así, poder dicir o que realmente sentimos.
A través das súas fichas de actividades, profundizamos en cada un deles. Axúdannos a explorar os textos do "Emocionario" e facemos actividades crativas que invitan a expresar as nosas emocións ou a imaxinar que emocións sinten os demáis.



Como no cole estamos a traballar o Proxecto Documental sobra a Pintura, ademáis de todo o anterior, estamos a investigar na casa sobre pinturas que representan todos estes estados de ánimo que estamos explorando.

Estades a facelo xenial!












jueves, 15 de noviembre de 2018

Hoxe recibimos un importantísimo paquete, nada menos que dende China.


Como podedes observar na imaxe, estabamos súper impacientes por abrilo
Que habería ahí dentro?















As imaxes falan por si mesmas. O pequeno LIN engaiolounos a tod@s.

martes, 13 de noviembre de 2018

Hora de ler

Ler é un placer, compartir esa lectura aínda o é máis.
Hoxe durante a "Hora de ler", Leire comparte connosco
"Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes",  de Elena Favilli y Francesca Cavallo.



Grazas Leire!

viernes, 9 de noviembre de 2018

Magosto


"Non as quero , non as quero
castañas do teu maghusto
levo-as na faltriqueira
para comer a meu gusto".



"A castaña no ourizo
eu ben sei o que ela fai,
se é pequena ela medra 
e se é madura ela cae".





lunes, 29 de octubre de 2018

Parabéns Sabela!

Hoxe é o aniversario de Sabela e para celebrar a ocasión agasallounos cun delicioso biscoito feito na casa, cunha receita de familia.

Grazas familia. Parabéns Sabela!


viernes, 26 de octubre de 2018

Apertura da Biblioteca


Hoxe festexamos a apertura da nosa biblioteca para este curso escolar.


Tivemos a sorte de disfrutar dunha das bandas máis exitosas do noso panorama musical, "Uxía Lambona e a Banda Molona"





lunes, 22 de octubre de 2018

Parabéns Laura!


Hoxe é o aniversario de Laura e para celebrar a ocasión agasallounos cunhas deliciosas galletas feitas na casa, cunha receita de familia que levan facendo dende hai moitos anos.

Grazas familia. Parabéns Laura!

miércoles, 17 de octubre de 2018

Na consulta...


Estamos a profundizar no coñecemento do noso corpo. Os pediatras asegúranse de que medramos como debemos e de que gozamos de boa saúde.
Hoxe xogamos a ser pediatras e pacientes.

Estamos fascinados con todo o que estamos a descubrir e o corazón esperta moitísima curiosidade.

Non nos gusta ir poñer as vacinas pero poñelas...


lunes, 15 de octubre de 2018

LER VAICHE QUE NIN PINTADO

Van chegando os primeiros traballos, realizados en familia, para decorar o lema do noso Proxecto deste ano, sobre a Pintura: "Ler vaiche que nin pintado"





 






    Parabéns!! Sodes una verdadeiros artistas!!! 

miércoles, 3 de octubre de 2018


Levamos un par de semanas de escola e a ANPA agasállanos con esta actividade de Break Dance.


   




Dende logo que a desfrutamos a tope!!


martes, 11 de septiembre de 2018

3, 2, 1..., COMEZAMOS!

Comezamos unha viaxe que, a través de contos e historias, nos levará a diferentes lugares e culturas, que aprenderemos a situar en mapas..., 

que a través de experimentos nos achegará á ciencia, 

que nos axudará a entender mellor o universo dos números 

e a comprender que pequenos/as somos neste Universo! 

Xogaremos a ser detectives de palabras e creadores dos máis marabillosos relatos inventados.

Viaxaremos polo mundo das artes e seremos artistas coas nosas propias creacións.

Cunha máquina do tempo viaxaremos a diferentes momentos do pasado.

Crearemos aprendizaxes que nos acompañarán na viaxe da nosa vida.

Noa, Lucas, Sofía, Pedro, Iago, Hugo, Sara, Sabela, Eva, Sergio, Aroa, Pablo, Isaac, David, Sofía Candela, Diego, Leire, Laura, Artai, Brais, Samuel, Luis, Sergio, Daniel... Benvid@s a 3º!



                       












3, 2, 1..., comezamos!