viernes, 29 de mayo de 2020

As doce probas de Astérix

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Un día novo comeza, o sol brilla e xa, en nadiña, estamos na fin de semana.
Esta semana fixestes novamente un boísimo esforzo, vós e as vosas familias. Grazas á vosa implicación e compromiso facedes posible que esto siga funcionando, a escola na casa, estamos xuntos na distancia. 

Seguen chegando máis traballiños. 
Os primeiros da Prehistoria. Parabéns Hugo e Leire, Están magníficos!

Vexo que vos animastes co xeoplano. Comparten as súas creacións Hugo e Sergio.

Luis e o seu irmán Roque comparten connosco unha foto da plantación que teñen en marcha. Grazas!

Como propostas para hoxe...

Facemos estas actividades de Matemátic@s Pro

Pasaredes un rato estupendo con esta divertida práctica do Laboratorio de Escritura

Imos ler o capítulo 5 de "La magia más poderosa"

Na presentación da Prehistoria xa engadín a Idade dos Metais e a proposta de traballo.


Na última videoclase, falamos de Obélix. Achégovos o enlace a unha das súas divertidísimas películas, "As doce probas de Asterix". Espero que vos guste tanto como a min.

Non esquezades colaborar na casa, xogar, ler, disfrutar, cantar, bailar, sorrir, rir moito, dar paseos con sentidiño e ser moi, moi felices.
Vémonos o luns. Unha aperta enorme e un montón de bicos


jueves, 28 de mayo de 2020

Xogas?

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día!
Como estades? Agardo que sigades todos fenomenal.
Onte disfrutei moito do tempo que volvimos pasar xuntos, "na distancia".
Moitas grazas a tod@s por estar traballando tanto e tan ben, por esforzarvos e, como non, por seguir cun gran sorriso

Seguen chegando súper traballos dos compañeir@s. "Corpos xeométricos nas nosas casas", "Ángulos no meu nome" Sodes xeniais!



Hoxe imos comezar cun chisco de repaso sobre...

Agora xogamos con un xeoplano virtual. Fixádevos nos debuxos que vos deixo a continuación e intentade facelos os tres, colocando as gomas, no lugar indicado nos debuxos. 
Despois podedes seguir experimentando formas e cores. Será xenial se lles sacades unha foto e ma enviades

IMAGEO  

Na Axencia de Detectives Lingüísticos, precisan da vosa axuda nunha investigación sobre curiosidades naturais

Poñede a proba o que sabedes con estas actividades de Saborea a lingua

Divírtete coa proposta de hoxe nesta Práctica de Laboratorio de Escritura


Disfrutade moito, xogade, colaborade na casa e a seguir coa mellor das enerxías. Xa queda menos!
Lembrade que estamos en contacto en todo momento.
Bicos e apertas

miércoles, 27 de mayo de 2020

Lembras cando....?

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Agardo que tanto vós como as vosas familias sigades ben. E que as saídas "con sentidiño", na nova normalidade, vaian compensando o tremendo esforzo que fixestes todo este tempo de confinamento.
Lembrades cando comezabamos a mañá con Brain Gym?



Hoxe convídovos a probar algo parecido para espertar os nosos cerebros. Chámase Finger Gym, e para vós que sabedes tanto inglés non precisa de traducción, non si?
Eso sí, require de bastante práctica, ninguén dixo que fora fácil! Xa me contaredes.


Imos coas propostas para hoxe:

Cos cerebros recén activados polo finger gym, non teredes ningunha dificultade en realizar as tarefas para Matemátic@s Pro de hoxe

E agora poñede a proba a vosa creatividade lingüístico literaria con esta actividade de Práctica de laboratorio. Poñede moita atención e concentración na lectura das dúas primeiras páxinas para logo facer o que vos piden nas dúas últimas.

Hoxe continuaremos coa nosa viaxe pola historia. Durante a nosa videoclase visitaremos a Idade dos Metais e faremos unha parada no Museo de Arte Prehistórico. Pero antes, lede, por favor con atención, un par de veces ás páxinas 102 - 105 que se atopan no seguinte enlace A Prehistoria.

Vémonos logo! Biquiños

martes, 26 de mayo de 2020

Historiadores polo tempo

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día,
Como estades? Despois dos paseos ao sol, as nosas enerxías vanse recargando para o que queda.
A luz coa que amencemos estes días avisa de que o mellor está por chegar.
Veña queridiños e queridiñas, estamos xuntos nisto!

Seguen chegando fotos dos vosos traballos de "M-arte-áticas", coas vosas prácticas de xeometría plasmada nuns estupendos debuxos .

Imos coas propostas para hoxe...

No enlace atoparedes as actividades de hoxe so aptas para Matemátic@s Pro

Accede agora aos nosos ponte a proba de Saborea a lingua e da Axencia de Detectives Lingüísticos

A continuación, déixovos una presentación sobre o Paleolítico e o Neolítico que traballamos na clase de onte. 
Na presentación ides atopar dúas propostas de traballo relacionadas con este tema. 
Non son para realizar para mañá. Tedes ata o próximo luns para levalas a cabo. Coma sempre, podedes enviar algunhas fotiños do resultado. Seguro que vos quedan uns traballos estupendos.
Apertas e biquiños

lunes, 25 de mayo de 2020

Feliz comezo de semana!

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo


Bo día e moi feliz semana para todos e todas!
Agardo que tanto vós, coma as vosas familias sigades ben.

Comezamos unha nova semana e xa vai quedando pouco para rematar esta andadura de 4º de Primaria.
Un pequeno esforzo máis e xa, en nadiña, estades de vacacións. Así que imos afrontar esta semana coa mellor das enerxías.

Van chegando traballiños "Os ángulos no meu nome". Están fantásticos!





Estas son as propostas para hoxe:
Dende o enlace tedes acceso a unha carpeta onde atoparedes a tarefa de hoxe ademáis dos temas de Multiplicación e División que estamos repasando. (Lembrade que tamén podedes acceder a eles na web de Anaya cos vosos contrasinais) Matemátic@s Pro

Hoxe continuaremos coa nosa viaxe pola historia. Lede, por favor con atención, un par de veces ás páxinas 98 - 101 que se atopan no seguinte enlace A prehistoria.
Logo o traballaremos xuntos na videoclase.

Rematamos, por hoxe, con esta tarefa de Saborea a lingua

Vémonos na videoclase. Que ganas teño!
Biquiños


viernes, 22 de mayo de 2020

Érase, una vez...

Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día para tod@s e as vosas familias!
Agardo que sigades todos ben.
Chegamos ao remate dunha semana máis, xunt@s na distancia. Estamos xunt@s nisto. 
Grazas ao voso esforzo e ao das vosas familias, seguimos coa escola na casa. 
Moita forza e ánimos. En nada chegamos á meta!

Nesta viaxe pola Historia, que comezamos hai uns días, quero compartir convosco este vídeo de "Era unha vez o home. Nace a Terra". 
Seguro que durante a fin de semana atopades, na vosa casa, algún que outro nostálxic@ que se apunta a velo con vós. Pregntádelle a papá ou mamá. 



Agora imos facer un repaso e unha práctica do que xa traballamos sobre Historia, historiadores, fontes históricas, tempo histórico...
Nesta carpeta Historiadores polo Tempo atoparedes todo o necesario.


Agora poñémos a proba o que sabemos con estas actividades de Matemátic@s Pro
Non esquezas as dúas divisións con divisor de 2 cifras e a súa proba.
E ler e disfrutar moito, moito, moito cada día.
Moi feliz fin de semana. Unha aperta enooooooooooorme.

jueves, 21 de mayo de 2020

El día que Saída llegó...

Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Como estades hoxe? Agardo que todos ben.

"El día que Saída llegó, a mí me pareció que se le habían perdido todas las palabras. Así que intenté buscarlas por los rincones, esquinas, agujeros, cajones, descosidos para ver si entre ellas y yo le borrábamos esas lágrimas que le asomaban entre las pestañas largas y el silencio espeso...


 El día que Saída llegó, papá me explicó que, seguramente, mi amiga no había perdido todas sus palabras, sino que a lo mejor no las había querido sacar porque eran distintas a las de aquí.

- En Marruecos -dijo- a ti tampoco te servirían las tuyas."

Hoxe celébrase o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento.
Dende este enlace El día que Saída llegó accededes á proposta de traballo baseada nesta fermosísima historia. Desexo que vos guste moito, moito.

Tal como comentamos onte na videoclase, imos facer as actividades interactivas sobre as plantas. Para acceder a elas, debedes entrar cos vosos contrasinais en Anaya, abrir o libro dixital de Ciencias Naturais e acceder ao Tema 1.
Faremos as seguintes actividades: A nutrición nas plantas, A relación nas plantas, Froitos secos e carnosos, Identifica as etapas da reproducción sexual e o Test final.
Estas son as que seleccionei, pero por suposto, estaría xenial que lles botarades unha ollada ao resto e aos vídeos e presentacións que aparecen na mesma páxina. Son interesantísimas. Xa me contaredes.

O reto artístico de hoxe consiste no seguinte... Os ángulos no teu nome

Moitos biquiños

miércoles, 20 de mayo de 2020

Compromiso coas Abellas

Axenda 4º primaria, 18 - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Un día máis comeza e cada vez queda menos para as vacacións. O sol pega con forza e avísanos de que o verán está máis cerca.
Moito ánimo para este último esforzo. Estades a facelo de marabilla!!

Achégovos familias o enlace a
 Fondo libros


Hoxe é o Día Mundial das Abellas. Xa sabemos que son polinizadores que axudan  a que as plantas se reproduzan e ademáis contribúen, directamente, para conservar a biodiversidade.
Clicando na foto podedes acceder á páxina de Nacións Unidas onde atoparedes un montón de información e curiosidades sobre estes seres, sobre os productos da colmea, os apicultores,...

 un

E agora imos coas propostas de hoxe:

Ponte a proba con estas actividades para Matemátic@s Pro .

Continúa con estas tarefas de Saborea a Lingua

Durante a clase do luns falamos de que traballaríamos a xeometría a través da plástica. Comezamos! O Reto Artístico que vos propoño hoxe consiste en facer un traballo de investigación doméstica. Observando nas vosas casas, comprobaredes que estamos arrodeados de obxectos con formas e corpos xeométricos. Escollede algúns deses obxectos e facede unha composición que plasmaredes nun debuxo (lembrade a importancia dun bo traballo, limpo e ben presentado). Agardo ver as vosas creacións.

Vémonos na videoclase de hoxe. Biquiños

martes, 19 de mayo de 2020

Ommmmm...., con calma

Axenda 4º primaria, 18 - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Cómo estades? Agardo que sigades todos fenomenal.
Onte disfrutei moito do tempo que pasamos xuntos, "na distancia". Canto vos boto de menos!

Quero aproveitar para felicitarvos. Estades a traballar un montón e moi ben, aínda a pesar de que as circunstancias son moi complicadas para tod@s e do difícil desta situación.


Hoxe imos comezar con calma. Clica na imaxe



 Calma

Ommmm...., con calma, comezamos coas propostas

Neste enlace achégovos o Tema 1 Matemáticas, que repasamos onte na clase. Repasádeo para facer estas actividades e anotade as dúbidas que poidades ter. 
Non esquezades facer as dúas divisións de dúas cifras con proba.

Agora imos con esta tarefa de Saborea a lingua 

Rematamos con esta tarefa da Axencia de Detectives Lingüísticos

É moi importate que, agora que estamos volvendo repasar todo, non quededes con dúbidas. Anotádeas que aquí estou, no teléfono, no correo, nas videoclases. Sempre é un bo momento!

Aproveitade calquera anaco do día, para disfrutar da lectura.

Vémonos mañá! Que ganas teño!
Apertas


lunes, 18 de mayo de 2020

Feliz Día dos Museos

Axenda 4º primaria, 18 - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Que tal a fin de semana? Agardo que ben. 
En primeiro lugar, quero felicitarvos polos vosos traballos para a celebración do Día das Letras Galegas.
Onte acudimos á estrea do noso videoclip co que festexamos o Día da Letras Galegas 2020 en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.
(Os que non chegastes a tempo, non vos preocupedes. De aquí a final de curso, algún outro divertimento argallaremos)

Hoxe queremos compartilo con todos os que onte non nos visitastes. Clica na imaxe.

 Meu o mundo é!


Comezamos con estas actividades de matemáticas, so aptas para verdadeiros expertos en Números de sete cifras.

Continuamos con estas actividades de Saborea a lingua, para conseguir puntos extra no coñecemento dos verbos.

Rematamos con esta tarefa da Axencia de Detectives Lingüísticos

Para saber algo máis: Hoxe é o Día Internacional dos Museos. O lema deste ano do DIM é «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión». Por este motivo, por poñer algúns exemplos, o Museo Nacional de Antropoloxía publicará vídeos protagonizados por persoas con discapacidade intelectual. O Museo de Altamira reforzará a súa actividade en redes e utilizará a lingua de signos en todas as súas publicacións...
No Museo Nacional de Antropoloxía, ademáis de poder ver os vídeos antes mencionados, podedes acceder a visitas virtuais e actividades para familias: facer un mosaico, contos tradicionais de diversas culturas, etc. Podedes acceder dende aquí Museo mosaico e dende aquí No museo contamos tod@s

Vémonos logo na videoclase. Revisade os correos.
Biquiños