miércoles, 27 de mayo de 2020

Lembras cando....?

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Agardo que tanto vós como as vosas familias sigades ben. E que as saídas "con sentidiño", na nova normalidade, vaian compensando o tremendo esforzo que fixestes todo este tempo de confinamento.
Lembrades cando comezabamos a mañá con Brain Gym?



Hoxe convídovos a probar algo parecido para espertar os nosos cerebros. Chámase Finger Gym, e para vós que sabedes tanto inglés non precisa de traducción, non si?
Eso sí, require de bastante práctica, ninguén dixo que fora fácil! Xa me contaredes.


Imos coas propostas para hoxe:

Cos cerebros recén activados polo finger gym, non teredes ningunha dificultade en realizar as tarefas para Matemátic@s Pro de hoxe

E agora poñede a proba a vosa creatividade lingüístico literaria con esta actividade de Práctica de laboratorio. Poñede moita atención e concentración na lectura das dúas primeiras páxinas para logo facer o que vos piden nas dúas últimas.

Hoxe continuaremos coa nosa viaxe pola historia. Durante a nosa videoclase visitaremos a Idade dos Metais e faremos unha parada no Museo de Arte Prehistórico. Pero antes, lede, por favor con atención, un par de veces ás páxinas 102 - 105 que se atopan no seguinte enlace A Prehistoria.

Vémonos logo! Biquiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario