viernes, 19 de junio de 2020

Festival Fin de Curso 4º

Queridiños e queridiñas,
Nais, pais, irmás, irmáns, avoas, avós, ... e demáis familia.
E a tod@s @s que vos acheguedes ata aquí, para presenciar o espectáculo

Con todo o cariño do mundo,




Gran Festival Fin de Curso 4º

Axenda 4º primaria, 15 xuño - 21 xuño
Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día queridiños e queridiñas, moi bo día familias!
Chegou o gran día, o día do noso Festival de Fin de Curso!
Supoño que estades emocionados coa chegada das tan desexadas pero tamén merecidas vacacións de verán.

Seguro que xa vistes os boletíns. Que ben o fixestes!

Desta volta despedir o curso non vai ser o mesmo, xa leva moito tempo sen ser o mesmo. Estamos a vivir un momento histórico e aínda así, puxestes todas as vosas enerxías en facelo o mellor posible. O camiño ata aquí non foi nada doado, pero o conseguistes.

Quero agradecervos o voso traballo durante todo este tempo, a ilusión que contaxiades por seguir descubrindo o mundo, e o compromiso que mantedes coa vosa aprendizaxe.
Ademáis quero felicitarvos por ese cariño e respeto que tedes entre vós e que vos fai ser un grupo tan especial, un verdadeiro Equipo. Seguide así, non cambiedes nunca.

A vós, pais, nais e incluso algúns avós e avoas, quero agradecervos a implicación, dedicación e colaboración coa que tiven, sempre, a sorte de contar.
É incrible como reinventastes os vosos fogares para facer que todo esto fose posible, a escola na casa. A través das xanelas virtuais e dos teléfonos, sentinme moi ben recibida nos vosos fogares e podo dicir que teño un pedaciño de cada un/unha de vós, aquí, na miña casa

Faltan as palabras e sobran as palabras, para dicir o que sería tan fácil de expresar cunha aperta. Espero que poidades sentir a miña, ben forte, para tod@s vós.

E agora imos coa planificación para hoxe:
Ás 11:00h, en directo, terá lugar, aquí mesmo, a estrea do noso Festival de Fin de curso. Así que lembrade visitar o blogue a esa hora. Se as novas tecnoloxías non nos poñen trabas, estaremos a disfrutalo xunt@s na distancia. Que impaciencia!
Ao remate da nosa función, a Profe María José e os seus nen@s convídannos visitar o seu blogue de 1º para disfrutar do seu tamén, espectacular, Festival de Fin de Curso


Ás 13:00h, tal como acordamos, vémonos na videoconferencia para comentalo festival e para unha despedida de ATA PRONTO.
Unha aperta enoooooooooorme e moitos biquiños

jueves, 18 de junio de 2020

Érase unha vez... @s mellores compañeir@s de viaxe.

Axenda 4º primaria, 15 xuño - 21 xuño
Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Hoxe quero felicitarvos a vós e ás vosas familias por conseguir chegar ata aquí.
Foi longo e duro, pero xa o conseguimos.
Estou moi orgullosa de vós e non podería ter mellores compañeiros, nesta viaxe.

Podedes continuar coa proposta que vos fixen onte, para estes dous días.

 Pasaporte de Fin de Curso

Noa e Luís comparten connosco estes dous vídeos de animación á lectura.



E mirade con que fermosos carteis nos invitan a ler Sergio G e Leire. 
Eu xa teño unhas lecturas en mente para o verán. E vós?.



 Un par de recordatorios:
- Mañá venres 19 de xuño, teredes acceso aos boletíns, a través de abalarMóbil, partir das 9:00h
- Tamén. mañá venres 19 de xuño, remata o prazo de solicitudes para o fondo libros e material escolar.

Só me queda desexarvos que teñades un día marabilloso. Mañá festa!!!
Biquiños e apertas

miércoles, 17 de junio de 2020

Pasaporte de Fin de Curso

Axenda 4º primaria, 15 xuño - 21 xuño
Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Cómo estades? Agardo que sigades ben.
Xa non queda nada de nada. Xa estamos ahí, case rozando as vacacións.
Hoxe gustaríame encargarvos unha misión importante. Podedes levala a cabo, entre hoxe e mañá.  É importante que reflexionedes ben as respostas. Cliquea na imaxe para acceder á proposta.

 Pasaporte de Fin de Curso

Se precisades calquera cousa, xa sabedes que estou ao outro lado do teléfono e das xanelas virtuais.
Disfrutade moitísimo deste día. Apertas e bicos para vós e as vosas familias.

martes, 16 de junio de 2020

Feliz emotimartes!

Axenda 4º primaria, 15 xuño - 21 xuño
Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día artistiñas,
Como estades? Agardo que sigades todos ben.
Onte pasei un tempo moi divertido con vós, pero tamén foi moi emotivo. 
Non esquezades que aínda temos catro días para disfrutar xuntos, desta recta final do curso.

Cliqueade na seguinte imaxe para acceder ao documento interactivo, coas propostas para hoxe.


 Emocion-Arte

Desexo que teñades un martes súper emocionante. Biquiños e apertas



lunes, 15 de junio de 2020

Benvidos á incrible semana de...

Axenda 4º primaria, 15 xuño - 21 xuño
Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Benvid@s á incrible semana de fin de curso!!
Agardo que tiverades unha marabillosa fin de semana, repleta de cousiñas boas e momentos bonitos.
Comezamos a última semana do curso. Un curso que remata da forma máis extraña e complexa que levamos vivido. Aínda así, 
queridiños e queridiñas, non podería ter mellor compañía ca vosa, nesta aventura que comezou hai xa 1 ano, 9 meses e 3 días. 

Aproveito que este é o momento perfecto para desexarvos a vós e ás vosas familias, con moita forza e moito ánimo, que pasedes unha gran semana.



Vémonos na videoclase. Biquiños



viernes, 12 de junio de 2020

Todo sairá ben!

Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo


Bo día e moi feliz venres, queridiños e queridiñas.
Xa por fin chegou a fin de semana, xa por fin nunha semana estades de vacacións...

Si, bonitiños, o merecidísimo descanso está á volta dunha semana.
Depois de todo o esforzo e compromiso pola vosa parte e pola das vosas familias, só me queda agrader, unha vez máis, que fixerades posible todo o traballo que levamos feito. 
Formamos un grande equipo. Estamos xuntos na distancia! 



As propostas para hoxe son as seguintes:
1. Revisamos se temos algunha tarefa pendente de realizar ou de rematar.
2. Se tedes todo rematado, non esquezades preparar e enviar os vídeos que quedan pendentes para o festival e os vosos retallos para a colcha da amizade. 
3. Se non tes nada pendiente de rematar e/ou entregar, disfruta dos últimos capítulos de "La Magia máis poderosa".

Pasade unha fin de semana marabillosa, disfrutando moito dos que máis vos queren. 
Eu sigo aquí, ao outro lado do teléfono e das xanelas virtuais, por se precisades calquera cousiña.
Moitos bicos e apertas


jueves, 11 de junio de 2020

Só queda un último esforzo...

Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Un día novo comeza e xa, en nadiña, estamos na fin de semana.
Só queda un último esforzo. Seguimos xuntos na distancia.


Diego comparte connosco o seu traballo sobre os celtas. Que ben estades a traballar!


Historiadores polo mundo xa está ultimando detalles para os máis intrépid@s aventureir@s. 
Pronto recibiredes, a través do correo, as vosas insignias, polas fases que ides completando cos vosos magníficos traballos. Este é un adianto...  

E agora imos coas propostas para hoxe:

Comezamos coas nosas últimísimas actividades de repaso de Matemátic@s Pro deste curso. Siiiiiii!

Hoxe, como derradeira misión na Axencia de Detectives Lingüísticos, levaredes a cabo unha importantísima investigación sobre algunhas dificultades ás que se enfronta un queridísimo amigo de tod@s nós: O Ratiño Pérez

E por último, rematamos coa proposta final de Saborea a Lingua, que desta volta vai de cómics

Deséxovos un fabuloso día, cheo de cousiñas boas e bonitas. Unha aperta xigante!


miércoles, 10 de junio de 2020

Asterix e Cleopatra

Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día,
Xa estamos a metade de semana, a piques de rematar curso e ahí estades vós, querid@s alumn@s e queridas familias, dando todo o mellor.
Felicítivos, unha vez máis, polo voso esforzo e traballo e agradézovos, de corazón, todo o que estamos conseguindo nestas difíciles circunstancias e despois de tanto tempo.
O meu correo segue recibindo, cada día, cousas tan ben feitiñas e traballadas... Estamos xuntos na distancia!!


Imos comezar con estas actividades de Matemátic@s Pro.

Continuamos con esta proposta de Saborea a Lingua.

Na Axencia de Detectives Lingüísticosprecisan da vosa axuda. Neste caso trátase dunha investigación sobre a superación persoal no ámbito deportivo.

Toca continuar a nosa aventura...
Historiadores polo Tempo chega a súa parte V.
Seguimos a nosa viaxe pola Idade Antiga e hoxe imos facelo dunha forma especial.
Visitamos Exipto. Si, si, escoitaches ben! 
@s alumn@s de 4º de primaria e a súa titora, marchan de viaxe de fin de curso, nada máis e nada menos, que a Exipto. 
Instruccións para a viaxe: activa o audio, entra na presentación, dalle a pantalla completa e disfruta da viaxe. 
Estarei ao outro lado da pantalla. presta moita atención, ollos ben abertos e cerebro ben atento, que logo o comentaremos todo na videoclase.




Vémonos na videoclase. Biquiños


martes, 9 de junio de 2020

Canto sabemos sobre Celtas e Íberos?

Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Como estades hoxe queridiños e queridiñas?
Que agradable foi pasar ese tempo onte con vós.
Iso sí, terei que buscar retos máis complicados. O das pelis, estaba demasiado fácil para vós

Xa van chegando retallos para a nosa "Colcha da amizade"... Animádevos a enviar as vosas pezas os que faltades. Agardo por vós para a montaxe.

Aquí unha mostra dos vosos marabillosos traballos. Neste caso Prehistoria e Día do Medio Ambiente.



Imos coas propostas para hoxe:

Continamos cos repasos só aptos para Matemátic@s ProNeste enlace tedes a ficha de actividades de hoxe. Ademáis hai unha carpeta co material complementario deste tema.

Facemos estas actividades de Saborea a Lingua

Na Axencia de Detectives Lingüísticos...  Neste caso precisan da nosa axuda nunha investigación gastronómico cultural.

Aproveita algún momento do día, para ler o capítulo IX de la "Magia más poderosa", Carlín de Bolonia

E, xa por último, un pequeno cuestionario, para poñer a proba todo o que sabes sobre Celtas e Íberos. 



Moitos biquiños e apertas!!

lunes, 8 de junio de 2020

Larpeiros Festeiros

Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día e feliz comezo de semana!
Agardo que tiverades unha marabillosa fin de semana, repleta de cousiñas boas e momentos bonitos.
Comezamos semana, a penúltima, e envíovos esta aperta enorme de enerxía positiva, para continuar co boísimo traballo que xunto coas vosas familias estades a facer. 



E agora, cambiando de tema, que xa me estou poñendo emotiva...
Quero presentarvos en primicia, recén saído do forno, nunca mellor dito, a publicación do libro "Larpeiros Festeiros". 
Unha recopilación das mellores receitas de confinamento, de entre as miles presentadas a concurso desde todos os recunchos do mundo.




E agora imos coas propostas de traballo:
Comezamos con estas actividades de Saborea a Lingua
Na Axencia de Detectives Lingüísticosprecisan da vosa axuda nunha investigación sobre os pingüins.
Agora seguimos divertíndonos coas nosas prácticas de Laboratorio de Escritura

Vémonos na videoclase. Biquiños.



viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día! Xa estamos a venres!
Agardo que esteades todos fenomenal.
Xa en nadiña, dous días enteiros de descanso e desconexión

O luns vin no blogue de 1º que hoxe era o Día Mundial do Medio Ambiente. Achégovos dúas propostas para conmemorar unha tan importante data.

A primeira, esta presentación que remata cun reto artístico ao estilo de František Czanner, ilustrador de Angry Earth (Tierra enfadada)

A segunda, visitar a web de Nacións Unidas Día Mundial do Medio Ambiente, onde poderás disfrutar de videos, artigos, actividades interactivas...

Outras propostas,
Comezamos con estas actividades de Matemátic@s Pro
Na Axencia de Detectives Lingüísticosprecisan da vosa axuda nunha investigación sobre o reino dos fungos.
Esta é a proposta de Saborea a Lingua

A continuación, déixovos una presentación sobre A Idade Antiga: Íberos e Celtas, que traballamos na clase do mércores. 
Na presentación ides atopar unha proposta de traballo relacionada con este tema. 
Tedes ata o próximo mércores para facela. Coma sempre, podedes enviar algunhas fotiños do resultado. Seguro que vos quedan uns traballos estupendos.



Deséxovos unha moi feliz fin de semana. Non esquezades colaborar na casa, xogar, ler, disfrutar, cantar, bailar, sorrir, rir moito, dar paseos con sentidiño e ser moi, moi felices.
Vémonos o luns. Unha aperta enorme e un montón de bicos

jueves, 4 de junio de 2020

A colcha da amizade

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Agardo que disfrutarades tanto como min a videoconferencia de onte. 

Que peniña da saber que queda tan pouquiño tempo para rematar o curso, e, por outra banda, ben sei que vos fan moita falta unhas merecidísimas vacacións. 
Moito ánimo, porque xa non queda nada e o estades facendo xenial!



Hoxe  propoño que comecemos con estas actividades de Matemátic@s Pro. No enlace tedes unha carpeta co tema completo de Fraccións e a ficha de actividades de hoxe.

Agora facemos esta tarefa de Saborea a lingua.

Na Axencia de Detectives Lingüísticos precisan da vosa axuda nunha investigación sobre o enigma da escritura. Lupas preparadas!

Reto artístico parte I: Seguimos xogando con IMAXEO
Esta vez trazamos, coas gomas do xeoplano virtual, triángulos de tódolos tipos segundo a lonxitude dos seus lados e segundo os seus ángulos. Podedes enviarme algunha foto das vosas creacións. Toda a información de repaso no seguinte video.



Reto artístico parte II: Imos tomarnos uns días para facer esta parte con calma e moi boa presentación, xa que imos facer unha obra de arte colectiva. Instruccións aquí A Colcha da Amizade. Cando teñades todo listo enviádeme as fotos para a montaxe.

Lembrade que estou aquí, ao outro lado do teléfono e do correo para todo o que poidades necesitar. 
Deséxovos moi feliz día a vós e ás vosas familias. Moitos biquiños!!