miércoles, 3 de junio de 2020

Continuamos coa aventura....

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día a tod@s, bo día familias!
Como estades? Agardo que sigades todos ben.
Xa estamos na metade da semana. Hai que ver como corre o tempo, 
incluso nestas extrañas circunstancias. 

Quero aproveitar para felicitarvos. Estades a traballar un montón e moi ben, aínda a pesar de que as circunstancias son moi complicadas para tod@s e do difícil desta situación.

Hoxe comparte o seu estupendo traballo sobre a Idade dos Metais, Hugo. 

Lembrade que durante este tempo de escola na casa, o ritmo de traballo o marcan mamá e papá, aos que lles teño que gradecer, unha vez máis, a súa axuda. 
Dicídello, por favor, da miña parte.

Imos comezar con estas actividades de Matemátic@s Pro. No enlace tedes unha carpeta co tema "As fraccións", completo, ademáis da ficha da proposta de traballo para hoxe.

Continuamos con estas actividades de Saborea a lingua .

Agora seguimos divertíndonos coas nosas prácticas de Laboratorio de Escritura

Aproveita para ler os capítulos VI-VIII de la "Magia más poderosa". 

Toca continuar a nosa aventura...
Historiadores polo Tempo chega a súa parte IV. 
Abandonamos a Prehistoria para viaxar á Idade Antiga. Comezamos con esta actividade.
Ao rematar o seguinte reto, podedes sacarvos unha foto coa vosa calificación, e enviarma ao WhatsApp



Vémonos na videoclase, que ben!!
Apertas

2 comentarios:

  1. Que chulo estos exámenes de pasearse por el tiempo, nos encantan... Sofi esta súper contenta, gracias Noemí,..

    ResponderEliminar
  2. Gracias a vosotros, alumn@s y familias!
    La motivación es recíproca.
    Un abrazo

    ResponderEliminar