viernes, 17 de abril de 2020

Plans de fin de semana

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día a todos!
Como estades? Como vai todo?
Tedes algún plan interesante para a fin de semana? Ides facer algún picnic no salón da vosa casa, algunha maratón de películas, unha olimpiada de xogos de mesa, algunha festa de pixamas coa familia, ides rir a escachar cunha das vosas videochamadas de grupo,...?
Nós tamén estamos a argallar unha fin de semana de diversión, que é o que toca despois de traballar pola semana.

Estas son as propostas para hoxe:

Lembrades que o curso pasado estivemos traballando o libro "Emocionario", e fostes bos marchantes de arte, buscando obras pictóricas relacionadas coas emocións que iamos descubrindo e traballando nese libro?
Clicade aquí para refrescar a memoria: Máquina do tempo nov.18

A actividade que vos propoño agora está relacionada co libro "Amar", da mesma editorial Palabras Aladas. No seguinte enlace tedes a lámina de traballo e as actividades relacionadas coa mesma. Enlace_amar

Como van esas receitas? xa lle estades a dar voltas á cabeza porque non sabedes por cal decantarvos?
Aquí vos deixo algunhas actividades para seguir practicando as equivalencias de medicións de capacidade e peso, que tanta falta vos van facer para atinar coas cantidades axeitadas para o concurso.
Libro matemáticas, páx. 124 ex. 1, 3, 4, 6 e 7

E para rematar, preciso da vosa axuda. Volve ao traballo a axencia de detectives de palabras "Saborea a lingua". Na libreta de lingua, clasifica os sutantivos, os determinantes e os adxectivos que atopes nesta recopilación de refráns do mes de abrilCoñecedes na casa máis refráns relativos ao mes de abril? Seguro que si, así que, cóntanolos! Anímate!

Non quería despedirme sen agradecervos, unha vez máis, o tremendo esforzo que estades a facer queridos alumnos e familias, non hai palabras para a vosa, coma sempre, boísima colaboración.
Así que para agradecervos dalgún xeito e, de paso, formar parte dalgún deses plans de fin de semana, ... como a cousa vai de cociña...,
Esta finde convídovos eu ao teatro: SAAABOR! Ticket Familiar
Moitos biquiños.



2 comentarios:

  1. Gracias Noemí,veremos esa obra de teatro tiene buena pinta...que tengáis buen día todos

    ResponderEliminar