miércoles, 15 de abril de 2020

Feliz día mundial do arte!

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día artistiñas, como estades?
Que traballiños tan chulos seguides enviando. Moitas grazas polas vosas achegas. Nestes días farei outra montaxe cos que van chegando
Moito ánimo para vós e as vosas familias, e xa sabedes que me podedes contactar para calquera dúbida ou necesidade.

Déixovos aquí as propostas para hoxe, pero xa sabedes que o ritmo estes días o marcades papá e mamá. Grazas pola vosa colaboración. 

Matemáticas: Supoño que todos seguides tendo na carpeta esta folla Unidades de medida, A parte de lonxitude e a de capacidade xa están pegada nos cadernos. 
Agora imos preparar a de peso igual ca fixemos coa de lonxitude e a de capacidade. 
Se aquelas estaban en tons verdes e azuis, para esta do peso, elixides vós outra cor que poidades graduar. 
Utilizades a cor media para o gramo, esa cor máis escura para os múltiplos do gramo e esa mesma cor máis clara para os submúltiplos do gramo. 
Recortamos e pegamos no caderno, pero antes lembrade recortar e pegar o título Peso.
Se por algún casual vos faltase esta parte sobre o peso, deixade media páxina para pegalo máis adiante cando vos poida volver dar a fotocopia.
Nesta carpeta Unidades de medida tedes, tamén as escaleiras de conversión de unidades de lonxitude, capacidade e peso, que vos serven para repasar. 
Esto o vimos, na clase, os últimos días. Lembrade que "Para subir, dividir; para baixar, multiplicar". 
Multiplicamos ou dividimos de 10 en 10, por cada cambio de escalón, tal como facíamos coas medidas de lonxitude e de capacidade
Déixovos este vídeo que vos axudará a revisar toda esta información.



Agora toca practicalo un chisco. Non dubidedes escribirme ao correo coas vosas dúbidas.
Páx. 120 ex. 1 e 2, páx 121 ex. 6 e  7.


Lengua: O último día traballamos a flor dos adxectivos e uns exercicios relacionados do libro. Hoxe imos xogar coa escritura creativa e imos crear personaxes, a partir de adxectivos. Neste enlace adxectivos tedes todo o necesario (lembrade que non é preciso imprimir). Facédeo na libreta de lengua a continuación do último, xa que está relacionado. 
Esta vez traballaremos esta parte en galego. Sería xenial se utilizarades tamén adexectivos distintos dos exemplos. A ver que personaxes tan ocurrentes e divertidos discurrides!

Para conmemorar o Día Internacional do Arte, invítovos a acompañarme nunha excursión-visita á sala de exposicións Afundación, que visitamos este curso. 
Neste caso trátase doutras obras de arte e doutros artistas. Apúntaste? Vémonos na exposición! Eu vou a estar seguro! Ticket de entrada Afundación

E non me quero despedir sen un pouco de música con boa enerxía. Poñede a bailar a toda a familia!
Moitos bicos


No hay comentarios:

Publicar un comentario