jueves, 2 de abril de 2020

Feliz día Internacional do Libro Infantil!

Moi bo día queridiños e queridiñas! Como estades vós e as vosas familias? Agardo que sigades todos ben.

Axenda 4º Prmaria, 30 marzo - 5 abril
Axenda 4º Primaria, 23 marzo - 29 marzo 



Hoxe 2 de abril, como cada ano, conmemórase o "Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo", declarado por unanimidade pola Asamblea Xeral das Nacións Unidaspara visibilizar as necesidades, pero tamén as capacidades das persoas con autismo. Este ano baixo o lema "Podo aprender, podo traballar".


Por outra banda...Sabedes que tal día coma hoxe nacía, no ano 1805 o escritor danés Hans Christian Andersen? Seguro que vos resulta máis coñecido se vos digo que é autor de obras tan polulares como "El patito feo", "La Sirenita", "El soldadito de plomo", "La princesa y el guisante"...
Pois dende 1967, o 2 de abril, vense festexando o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data do nacemento deste escritor. Deste xeito promociónanse os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os cativos e a mocidade.

Convídovos a visitar esta páxina, Espazo Lecturana que hai sesións de contacontos, pero ademáis recomendacións de lectura, feitas por nenos/as de diferentes idades, dende as súas casas, durante o confinamento, #quedonacasalendocontigo. A ver se vos animades e vos unides ao clube dos "LeTubers"!

Déixovos as solucións as actividades propostas durante os últimos días. A continuación tedes os enlaces que vos levarán aos documentos, para que poidades ir revisando os exercicios que xa vaiades rematando.
Solucións matemáticas, 2 abril
Solucións lengua, 2 abril
Lembrade que estas son sempre propostas e que en ningún caso teñen data límite de entrega. Polo tanto o ritmo o seguides marcando vós, pais e nais. A finalidade é a de que poidan seguir repasando os contidos e que manteñan unhas certas rutinas.

E premendo aquí...  Reto artístico 1  
                                 Reto artístico 2 ...
                                            o divertimento artístico está asegurado!!
Moi feliz día a tod@s. Unha aperta enormíííííííísima!

2 comentarios: