miércoles, 1 de abril de 2020

Bem-vindo abril!



Bo día rapaces e rapazas, bo día familias! Benvido mes de abril! 
Que tal estades? Como estades levando estes días? Desexo que ben. Lembrade que xa só quedan 3 días para rematar este trimestre. Estades a facelo de marabilla!

Aproveito para lembrarvos, familias, que na páxina web do cole puxeron un aviso onde vos explican o procedemento para recibir os boletíns o venres. Supoño que xa vos chegaría o aviso. Calquera cousa, non dubidedes poñervos en contacto conmigo.

Propostas para hoxe: 
 Matemáticas: Supoño que todos tedes na carpeta esta folla Unidades de medida, a de lonxitude xa está pegada nos cadernos no tema anterior. Agora imos preparar a de capacidade igual ca fixemos coa de lonxitude. Se aquela estaba en tons verdes, esta, se vos parece ben, podemo facela en azuis, tal como a outra. Utilizamos o azul medio para o litro, os azuis escuros para os múltiplos do litro e os azuis claros para os submúltiplos do litro. Recortamos e pegamos no caderno a continuación do de onte. Lembrade recortar e pegar o título Capacidade, antes. Se por algún casual vos faltase, deixade media páxina para pegala máis adiante.
Nesta carpeta Unidades de medida tedes, tamén as escaleiras de conversión de unidades de lonxitude, e capacidade, que vos serven para repasar. Esto o vimos, na clase, os últimos días. Lembrade que "Para subir, dividir; para baixar, multiplicar". Multiplicamos ou dividimos de 10 en 10, por cada cambio de escalón, tal como faciamos coas medidas de lonxitude.
Déixovos este vídeo que vos axudará a revisar toda esta información.


Agora toca practicalo un chisco. Non dubidedes escribirme ao correo coas vosas dúbidas.
Páx. 118 ex. 1 e 2, páx 119 ex. 7 e 8.

Lengua: Nas vosas carpetas tedes unha folla cun esquema, en forma de flor, sobre os adxectivos como este: adjetivo - flor. Recortamos todo arredor e reservamos.
No caderno de lengua, en posición horizontal, nunha páxina nova,  pegamos a flor, pero só pegamos polo centro, o que ten forma de hexágono. Non pegamos os pétalos. Agora debuxamos, con coidado, o contorno de todos os pétalos. Doblamos os pétalos polas liñas rectas e escribimos no caderno exemplos de cada pétalo.
Por exemplo: debaixo do pétalo de ¿qué color tiene? escribiremos adxcctivos sobre cores: azul, verde, negro... Sen saírnos do debuxo dos pétalos que debuxamos no caderno. Así ao levantar cada pétalo teredes debaixo os exemplos. Como xa fixemos montóns destes deplegables, sei que vos quedará estupendo.
Facemos da páxina 140 do libro de lengua castelá, os exercicios 1 ao 3
Mañá colgarei as solucións ás actividades dos últimos días, para que poidades ir revisándoas. Estes días tócavos botarme unha man, e ser un pouco alumnos, un pouco profes.

Unha vez máis, grazas polo voso esforzo!! E xa sabedes que aquí estou, para o que necesitedes.
Moitos biquiños.


No hay comentarios:

Publicar un comentario