martes, 21 de abril de 2020

Creando, creando...

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Como estades hoxe? Por aquí con moitas ganas de vervos e que me contedes un montón de cousas de todos este días. Que raro se me fai! De pasar sempre tanto tempo xuntos a tanto tempo separados. Xa queda menos...

Hoxe é o "Día Mundial da Creatividade e a Innovación", designado polas Nacións Unidas para promover o pensamento creativo de calquera disciplina que nos poida axudar a conseguir o futuro sostenible que queremos.

Por outra banda, o próximo xoves 23 é o DÍA DO LIBRO. Xa que non estamos na clase para poder celebrar esta data tan sinalada, propoño, poñer en marcha esa creatividade que festexamos hoxe, para homenaxear os nosos queridos libros, igualmente dende as nosas casas. 

Cada un de vós poderá escoller cómo facer este recoñecemento aos libros e aos escritores que tan bos momentos nos fan pasar. Só vos porei un requisito, que fagades este traballo en galego.
As posibilidades son tantas como a túa imaxinación e a túa creatividade te permitan. Iso sí, como a ocasión o merece, e ademáis estamos na recta final de 4º, o traballo ha de ser de calidade.
  • Creación dun conto, a partir dos personaxes que creaches no traballo da semana pasada ou libres a escoller.
  • Creación dun anuncio animando a ler, en vídeo ou en papel.
  • Creación dun vídeo facendo unha recomendación sobre o voso libro favorito tipo "Letubers".
  • Creación dun cartel, libriño... onde se recollan refráns, adiviñas, poemas,... sobre os libros.
  • Creación dun mural, folleto, libro sobre o día do libro: o seu porqué,...
  • ... e todo o que se vos poida ocorrer.
Podedes enviarmo, ao correo, durante esta semana. Coma sempre, colgarei todas as vosas aportacións.

Aproveito para compartir, con todos vós, un conto que me enviou Laura, hai xa uns días e que promete ser o primeiro de moitos que virán. Mis mágicas mariposas

Dende aquí podedes acceder ás propostas de matemáticasA carnicería de Rosendo
E á proposta de lengua: páx. 145, ex. 1, 2, 5, 6, e 10 (só apartado A).

E aquí as apertas e bicos que vos teño gardados para cando nos volvamos xuntar. Moi feliz día!





2 comentarios:

  1. Bravo Laura por tu cuento,yo tambien me comeria ese planeta,un beso a todos.Sofia A.

    ResponderEliminar