Moi bo día artistiñas, como estades?
Que traballiños tan chulos seguides enviando. Moitas grazas polas vosas achegas. Nestes días farei outra montaxe cos que van chegando
Moito ánimo para vós e as vosas familias, e xa sabedes que me podedes contactar para calquera dúbida ou necesidade.Déixovos aquí as propostas para hoxe, pero xa sabedes que o ritmo estes días o marcades papá e mamá. Grazas pola vosa colaboración.
Matemáticas: Supoño que todos seguides tendo na carpeta esta folla Unidades de medida, A parte de lonxitude e a de capacidade xa están pegada nos cadernos.
Agora imos preparar a de peso igual ca fixemos coa de lonxitude e a de capacidade.
Se aquelas estaban en tons verdes e azuis, para esta do peso, elixides vós outra cor que poidades graduar.
Utilizades a cor media para o gramo, esa cor máis escura para os múltiplos do gramo e esa mesma cor máis clara para os submúltiplos do gramo.
Recortamos e pegamos no caderno, pero antes lembrade recortar e pegar o título Peso.
Se por algún casual vos faltase esta parte sobre o peso, deixade media páxina para pegalo máis adiante cando vos poida volver dar a fotocopia.
Nesta carpeta Unidades de medida tedes, tamén as escaleiras de conversión de unidades de lonxitude, capacidade e peso, que vos serven para repasar.
Esto o vimos, na clase, os últimos días. Lembrade que "Para subir, dividir; para baixar, multiplicar".
Multiplicamos ou dividimos de 10 en 10, por cada cambio de escalón, tal como facíamos coas medidas de lonxitude e de capacidade
Déixovos este vídeo que vos axudará a revisar toda esta información.
Páx. 120 ex. 1 e 2, páx 121 ex. 6 e 7.
Lengua: O último día traballamos a flor dos adxectivos e uns exercicios relacionados do libro. Hoxe imos xogar coa escritura creativa e imos crear personaxes, a partir de adxectivos. Neste enlace adxectivos tedes todo o necesario (lembrade que non é preciso imprimir). Facédeo na libreta de lengua a continuación do último, xa que está relacionado.
Esta vez traballaremos esta parte en galego. Sería xenial se utilizarades tamén adexectivos distintos dos exemplos. A ver que personaxes tan ocurrentes e divertidos discurrides!
Para conmemorar o Día Internacional do Arte, invítovos a acompañarme nunha excursión-visita á sala de exposicións Afundación, que visitamos este curso.
Neste caso trátase doutras obras de arte e doutros artistas. Apúntaste? Vémonos na exposición! Eu vou a estar seguro! Ticket de entrada Afundación
E non me quero despedir sen un pouco de música con boa enerxía. Poñede a bailar a toda a familia!
Moitos bicos
No hay comentarios:
Publicar un comentario