lunes, 30 de marzo de 2020

Comezamos outra semana!

Bo día queridiños e queridiñas,
Que tal a fin de semana? Como vos atopades vós e as vosas familias? Agardo que todo siga estupendamente.
Grazas por eses traballiños que seguen chegando. Ao final desta entrada, podedes ver os últimos que enviastes sobre o Covid-19. Están xenial!

E agora imos coas propostas para hoxe, pero xa sabedes que estes días, cada casa ao seu ritmo, o marcades vós papá e mamá. Temos axenda nova para esta semana. Así que esta semana veredes, cada día, os enlaces ás dúas axendas.
Axenda 4º primaria, 30 marzo - 5 abril
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Matemáticas: Continuamos co repaso final do tema 7 e facemos os exercicios 11-15 da páxina 113 do libro. Estudar ben o tema 7, excepto "expresións complexas e incomplexas".

Lengua castelá: Comezamos co tema 10, así que como sempre preparamos, nunha folla nova da libreta, o título. Neste caso:
<<Tema 10. ¡Qué aventura!>>. (Lembrade letra bonita e que destaque)
Facemos a lectura das páxinas 136 e 137.
Facemos as seguintes actividades de comprensión sobre a lectura. Páx. 138, ex. 1, 6, 7 e 8.

Sociais: Todo o necesario para hoxe, está neste enlace Sociais 30-03
Lemos con moita atención e tratamos de comprender as páx. 78 e 79, coa axuda do esquema que vos achego. Facemos nunha folla ou libreta, os exercicios da ficha que adxunto.

Non quero despedirme sen dicirvos que me encantan eses ramos floridos que van chegando ao meu correo. Sodes uns artistas!! Se vos parece, poñemos de data límite o próximo venres 3 de abril para entregar, e así podo facer a montaxe durante a fin de semana.
Aquí vos deixo algúns traballiños máis sobre o Covid-19
Desfrutade do día. Unha aperta moi forte.

Grazas por este estupendo traballo, Leire!
Moi bo traballo Hugo, grazas!
 Grazas polo teu traballo Iago!
Grazas polo teu traballo Diego!

No hay comentarios:

Publicar un comentario