sábado, 21 de marzo de 2020

Día da poesía

Queridiños e queridiñas!

Como estades? Xa levades unha semana na casa e o estades a facer de marabilla.
Noa, Mía, Fon e máis eu tamén estamos aquí, na casa.
Bótovos moooooito de menos, pero sei que nos veremos dentro de pouco.

Hoxe, para festexar o Día da Poesía, quero compartir convosco unhas fotos e uns vídeos duns pequechos encantadores que compartiron poemas de "Poemar o mar" co mismísimo Antonio García Teijeiro.
A ver se os recoñecedes






O mural tan chulo que fixestes con botellas mensaxeiras dos vosos poemas ilustrados




Déixovos un poema para que poidades compartir coa familia, dende os vosos lares

O LAR, Manuel María

Vivimos nun bloque enorme
ocupando o cuarto andar.
Neste edificio disforme
nós temos o noso lar.

Xanelas cuadriculadas
sen horizonte ou paisaxe.
No portal elevadores
e no sótano o garaxe.

Desde as xanelas eu vexo,
con certo medo e receo,
antenas de televexo
e as nubes que están no ceo.

Non temos porcos nin vacas,
nin lareira, pozo e aira.
Non temos hórreo, nin horta,
nin cerdeira, nin mazaira.

Mais temos aspiradora,
xiradiscos, fregadeira,
televexo, batidora
e unha estupenda neveira.

Eu teño unha habitación
toda chea de briquedos:
¡é cómo un reino fadado
onde gardo os meus segredos!

O lar, meu lar, o lar, o noso lar...

E, de parte de Noa, compártovos "O Arco da Vella" tamén de Manuel María, porque precisamos moitos arcos da vella que iluminen o ceo estes días.


A seguir fortes. Coidádevos moito, moito. 
Apertas.


1 comentario: