jueves, 9 de marzo de 2017

IMOS DE CONCERTO

Hoxe fomos ao Conservatorio Superior de Música de Vigo a un concerto didáctico.
De título "Heroes e Villanos" tivo aos nosos rapaces engaiolados toda a sesión, con música de fantásticas bandas sonoras de cine.
Compartimos a xornada cos mellores: os nosos compañeiros de 6º.
Grazas ás profes Belén e Emma por acompañarnos neste día, foi xenial!
Como o tempo non podía ser mellor quedamos merendar e xogar un ratiño no Parque de O Castro.





















  Tano, o can da profe Belén nos deu unha visita sorpresa. 
Foi o protagonista indiscutible!








viernes, 24 de febrero de 2017

POR FIN CHEGOU O DÍA!

Hoxe é a festa do Entroido no noso cole e TRES MAMÁS DO MÁIS SABROSÓN, VIÑÉRONNOS AXUDAR a preparármonos para o festival

Sodes ESTUPENDAS. Moitísmas grazas!!!




miércoles, 22 de febrero de 2017

DIA DE ROSALIA

Fixéronnos un encargo: preparar uns poemas de Rosalía de Castro para recitarlle aos pequenos/as de Ed. Infantil.
Primeiro decidimos afondar na figura de Rosalía e na súa obra, para logo seleccionar os poemas máis axeitados.
Quedamos engaiolados coa súa historia e con moitos dos seus poemas, que contaban historias da vida na súa época e amosaban un amor infinito pola nosa terra.
Non fomos quen de aprender só un par de poemas.
Collendo pezas de aquí e acolá compusemos un relato baseado na súa vida e fomos incorporando fragmentos de diferentes poemas pertencentes a cada un dos períodos.
Por último preparamos ilustracións para acompañar o noso relato.
Estamos aprendendo e disfutando moitísismo,

HACHIMAKI FEITAS Á MAN...

Xa temos listas as Hachimaki, que é como se chaman os turbantes do traxe masculino xaponés.
A verdade é que, con tanta motivación fixémolas en tempo récord.
Os nosos xaponeses estarán guapísimos con elas!






domingo, 19 de febrero de 2017

ULTIMANDO PARTES DO DECORADO ENTROIDO

Estes días os nosos rapaces/as de 5º están traballando sen pausa, axudando na preparación do decorado do festival de Entroido.

Aquí temos a dúas compañeiras, Ana e Uxía en plena acción. Bueno, vale... en plena pausa.



miércoles, 8 de febrero de 2017

A HORA DO TÉ

Sempre é unha boa hora para unha infusión de coñecemento.
Estamos descubrindo e aprendendo moitísimo sobre estas culturas milenarias.
Todas elas teñen algo en común: o Té
Agranda a imaxe para descubrir algunhas curiosidades.


lunes, 23 de enero de 2017

PREPARANDO O DIA DA PAZ...

En relación co noso Proxecto sobre Países e Culturas, na nosa clase xurdiu un interese especial polos países asiáticos.

En relación co Día da Paz,unha nena chama a atención dos nosos investigadores
Sadako Sasaki

Afondamos na súa vida e na súa historia
Descubrimos a lenda xaponesa das Mil grúas de papel
Aprendemos sobre o terror vivido polos habitantes de Hiroshima...
Fixemos mooooooooooitas grúas de papel de cores en lembranza desta e outros nenos que viven desgracias por mor das guerras.






Dende a Biblioteca do noso cole invítannos a ler "Wangari e as árbores da paz".
Logo de reflexiónar sobre esta increíble muller Wangari Maathai, nunhas follas que nos deixaron preparadas, redactamos, escribimos e decoramos mensaxes de paz.
As follas agromarán xunto ás de outros compañeiros/as do cole nesta fermosa árbore,que nos recibirá á entrada á escola.