Bo día, nenos e nenas! Bo día, familias!
Como xa sabedes, as próximas semanas van ser un pouco
diferentes. Estamos a pasar por uns momentos difíciles para tod@s, nos que nós
tamén podemos axudar, e a mellor forma na que podemos facelo é quedando na casa.
Non iremos á escola durante uns días, así que pensei manter
o contacto con vós, a través deste blogue no que vou aproveitar estes días, para
ir subindo cousiñas da viaxe que comezamos hai xa un ano e medio.
Podedes aproveitar o apartado de comentarios para contarme
como vos vai durante estes días.
Adxúntovos os materiais que xa recollestes o venres no cole
por se os precisades. Premede no enlace.
Aproveito para mandarvos una aperta enooooooorme e moito
ánimo para vós e as vosas familias.