lunes, 23 de marzo de 2020

Solucións fichas 13/03/2020

Bo día!
Espero que esteades a ter unha boa mañá.
Nesta entrada déixovos o enlace coas solucións ao traballo das diferentes materias.
Non vos preocupedes se aínda tedes algún exercicio sen facer. Eso si, facédeos antes de acceder ás solucións. Estas son só para que poidades corrixir.
Mans ao traballo!
Bótovos moitísimo de menos. Unha aperta de ánimo e enerxía!!



domingo, 22 de marzo de 2020

Aprendemos en casa

Boa noite a tod@s,

A partir de mañá luns 23, estade atentos de 10:00h a 11:00h a Clan TV ou La 2 de TVE, pois é a franxa horaria que máis se adapta á vosa idade.

"El Ministerio de Educación y Formación Profesional (MEFP) pone en marcha a partir del lunes 23 de marzo, en colaboración con Radio Televisión Española (RTVE), 'Aprendemos en casa', una iniciativa dirigida a alumnos y alumnas de 6 a 16 años que pretende facilitar el aprendizaje durante la suspensión de actividad lectiva presencial motivada por el estado de alarma decretado por el Gobierno para contener la propagación del coronavirus.
Se trata de una programación especial de cinco horas diarias de contenidos educativos que se emitirá en abierto durante las mañanas, de lunes a viernes, en Clan TV y en La 2 de TVE."

Horarios de Aprendemos en casa

Ademáis, na CRTVG, emitirase de luns a venres, pola G2, un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos. Será de 11:00 a 13:00h. 
Mañá emiten ás        11:00h "Érase unha vez o home"
                                  11:30h "Érase unha vez os exploradores"
                                  11:55h "Aquelando. Tamén quedo na casa"
                                  12:10h "Criaturas"

Que teñades unha boa noite. Biquiños

sábado, 21 de marzo de 2020

Día da poesía

Queridiños e queridiñas!

Como estades? Xa levades unha semana na casa e o estades a facer de marabilla.
Noa, Mía, Fon e máis eu tamén estamos aquí, na casa.
Bótovos moooooito de menos, pero sei que nos veremos dentro de pouco.

Hoxe, para festexar o Día da Poesía, quero compartir convosco unhas fotos e uns vídeos duns pequechos encantadores que compartiron poemas de "Poemar o mar" co mismísimo Antonio García Teijeiro.
A ver se os recoñecedes






O mural tan chulo que fixestes con botellas mensaxeiras dos vosos poemas ilustrados




Déixovos un poema para que poidades compartir coa familia, dende os vosos lares

O LAR, Manuel María

Vivimos nun bloque enorme
ocupando o cuarto andar.
Neste edificio disforme
nós temos o noso lar.

Xanelas cuadriculadas
sen horizonte ou paisaxe.
No portal elevadores
e no sótano o garaxe.

Desde as xanelas eu vexo,
con certo medo e receo,
antenas de televexo
e as nubes que están no ceo.

Non temos porcos nin vacas,
nin lareira, pozo e aira.
Non temos hórreo, nin horta,
nin cerdeira, nin mazaira.

Mais temos aspiradora,
xiradiscos, fregadeira,
televexo, batidora
e unha estupenda neveira.

Eu teño unha habitación
toda chea de briquedos:
¡é cómo un reino fadado
onde gardo os meus segredos!

O lar, meu lar, o lar, o noso lar...

E, de parte de Noa, compártovos "O Arco da Vella" tamén de Manuel María, porque precisamos moitos arcos da vella que iluminen o ceo estes días.


A seguir fortes. Coidádevos moito, moito. 
Apertas.


viernes, 20 de marzo de 2020

Tema 5 Sociais

Ola,
No seguinte enlace, tedes acceso ás paxinas do tema 5 do libro de Sociais.

Tema 5 Sociais

Podedes aproveitar para poñer a proba canto estades aprendendo, realizando as diferentes actividades do libro.
Agardo que estedes ben. Non dubidedes poñervos en contacto conmigo, sempre que vos sexa preciso.

Saudiños!


Día Internacional da Felicidade

Bo día rapaces/as

Feliz Día Internacional da Felicidade para tod@s, e as vosas familias!



Dende 2013, as Nacións Unidas veñen festexando este día 20 de marzo, como recoñecemento do importante papel que desempeña esta emoción, na vida das persoas de todo o mundo.

Botáde unha ollada a este enlace:

https://www.un.org/es/observances/happiness-day

Non esquezades ver tamén a galería "La felicidad en fotos" e o vídeo "Pequenos pitufos, grandes metas", na parte de abaixo da páxina.

E agora facede unha reflexión, por escrito, onde recollades todas as vosas propostas.
Por favor, sacádelle fotos e enviádemas ao correo.

Unha aperta grande!!


jueves, 19 de marzo de 2020

Científic@s de 4º, precisámosvos!

Bo día querid@s alumn@s,
Como estades?

Xa sei que hoxe é día festivo, pero aínda así, vou aproveitar para facervos unha proposta.

Son días difíciles nos que toca estar na casa, pero non debemos descoidar o noso corpo nin a nosa mente. Así que vos propoño un reto científico.

Como en ciencias naturais estabamos a traballar o corpo humano e, tendo en conta o tema de máis actualidade neste momento... Convócovos, "Comunidade Científica de 4º", para facer unha pequena investigación sobre o Covid-19

- Que é o Covid-19?
- Onde e cando se orixinou?
- Cales son os síntomas?
- Como podemos protexernos?  
- Teléfono de información.

Coa información recollida faredes un mural, un folleto, un libriño... que acompañaredes de ilustracións feitas por vós.

En canto o teñades listo, por favor, sacádelle fotos ao traballo e enviarmas ao correo para que eu as poida subir aquí, ao blogue.

Estou desexando ver eses marabillosos traballos! Biquiños.

Feliz día do Pai!

Como para tod@s vós, o meu tamén é o mellor pai do mundo.

 

Disfrutade moito dos vosos pais.
A vosa compañía é o mellor agasallo que lles podedes facer