viernes, 27 de marzo de 2020

Heroes e heroínas

Bo día súper heroes e súper heroinas!
Levades dúas semanas sen saír da casa, nesta situación tan complicada e difícil de comprender, e aínda así, estades a sacar o mellor de vós en cada unha das propostas que vos fago.
Estou "in love" con esta clase!!!
A parte do académico, cómo vai todo? Desexo que ben.
Antes de pasar ás propostas de traballo, quero agradecervos tanto a vós, como ás vosas familias a vosa magnífica colaboración coa que conto cada día, sen a vosa implicación, nada desto sería posible.
Esto parece que vai para un tempo, e a situación de cada un de nós é diferente (traballo, familia...),  o que fago aquí, son propostas de traballo. Non é preciso realizalas todas no día, cada un de vós, pais e nais, sodes quen mellor sabedes como podedes adaptalo ao voso día a día. Estamos a vivir algo para o que non nos prepararon, así que non hai unha receita certa. Aínda así eu podo dicir que o estades a fecer de marabilla. Grazas!

Aquí van as propostas:

Matemáticas:
Continuamos co repaso do tema 7 facendo estas actividades. Páx. 113 ex 6, 8, 9 e 10

Lingua galega: clicando neste enlace "Os determinantes", atoparedes un recortable con toda a información sobre os diferentes tipos de determinantes que xa traballamos na clase. Non vos preocupedes por imprimir, xa volos darei á volta. Eso sí, estudádeos ben!

Lengua castelá: facemos as actividades finais da páxina 133, ex.  4, 5, 6, 8 e 9; repasamos o tema 9.

Sociais: Dende este enlace Tema 6 Sociais, podedes acceder ao tema. Facemos a lectura da páxina 76 e lemos o recadro da páx. 77. Facemos por escrito as tarefas de "Le e comprende o problema", páx 76 e "Que sabes xa?", páx. 77.

Deséxovos un feliz día. Biquiños

jueves, 26 de marzo de 2020

Axenda 4º primaria

Queridiños e queridiñas,
Cada vez que queirades consultar as propostas de tarefas, non tedes máis que clicar no seguinte enlace.

Axenda 4º primaria

Trátase dunha axenda interactiva que vos redixirá ao apartado do blogue onde se atopa cada proposta. Tamén vos enlaza a vídeos ou documentos de consulta e estudo. Podedes usala tantas veces como precisedes. 
Xa me diredes que vos parece.

Hoxe podedes...

Bo día queridos alumn@s e familias!
Como estades?
Estades traballando estupendamente. Seguro que tamén estades a portarvos xenial e axudando moito na casa.
Achégovos unhas propostas para hoxe. As tarefas son as seguintes e os enlaces necesarios, están a continuación.

Matemáticas. Facemos os seguintes exercicios do libro: páx. 112, ex. 1 - 5 e repasamos ben o tema 7, agás as expresións complexas e incomplexas.

Enlace de Naturais: As glándulas sudoríparas
Estudamos estes novos contidos, vemos os seguinte vídeo, que nos vai axudar a comprender mellor o aparato excretor, e repasamos o resto de aparatos que temos no caderno. Vídeo sobre o aparato excretor

Lengua: lemos con moita atención, un par de veces a páxina 130. Esto xa o estudamos o curso pasado, mañá profundizaremos máis nestes contidos de literatura.


Plástica: Como boto de menos debuxar con vós! Neste vídeo fan algo igual ao que temos feito moitas veces na clase: debuxo dirixido. Unha vez o teñades feito e coloreado, enviádeme fotos do resultado ao correo e farei unha pequena montaxe para dar unha benvida grupal á primavera.

Deséxovos un bonito día. Unha aperta!

miércoles, 25 de marzo de 2020

Cadea de favores e tarefas.

Bo día, de novo!
Estes días, a consecuencia dos momentos tan difíciles que nos tocan vivir, están a xurdir iniciativas fermosísimas: 
Mozos e mozas fan a compra, de forma voluntaria, para que persoas maiores ou delicadas de saúde non teñan que sair das súas casas.
Todos os días saímos aos nosos balcóns e ventás a aplaudir a marabillosa labor que fan persoal sanitario, forzas de seguridade, persoal de limpeza, persoal de supermercados, transporte, repartidores... que traballan para que esteamos a salvo e para que non nos falte de nada.
Persoas que voluntariamente cosen sen parar, prepararando mascarillas e batas para axudar a protexer a todos estes heroes e heroínas.
Estudantes universitarios ofrecen axuda, por internet, a estudantes de instituto.
Concertos espontáneos para os veciños.
Cantos conxuntos e de unidade nas ventás e balcóns...

Estase a crear unha cadea de favores, unha serie de actos destinados únicamente a crear un mundo mellor.
Neste vídeo de 2010, que se fixo viral con moitísimas visitas, arredor de todo o mundo, amosa como unha acción amable conduce irremediable a outra. E así, vaise tecendo unha cadea de favores que se entrelazan uns cos outros.
Espero que este vídeo vos inspire para a tarefa de hoxe. 


Tarefas para ir facendo:
Clicade no seguinte enlace para a tarefa de Lengua Castelá. Cadena de favores
Non é preciso imprimir. Podedes facer estes exercicios na libreta de lengua ou nun folio.
Clicade neste enlace para a tarefa de Lingua Galega. De un en un
Clicando no seguinte enlace, Aparato excretor, tedes a parte correspondente, para os vosos cadernos interactivos de Naturais. Non é preciso imprimir, xa os teño preparados para cando volvamos á escola. Pero ide estudando as súas partes e o seu funcionamento.
Non esquezades seguir facendo divisións e facede un par de multiplicacións por 2 ou 3 cifras cada día.
Estou desexando saber como vos vai. Xa sabedes que tedes o meu correo para calquera cousa que poidades necesitar. Anímovos a seguir escribindo nos comentarios, así sabemos uns dos outros e tamén que todos estamos ben.

Moito ánimo e a seguir traballando con ganas!! Estades a facelo Xenial!
Apertas, Noemí


martes, 24 de marzo de 2020

A Comunidade CIentífica de 4º non para!!

Van chegando máis traballos...
Que marabilla!!

Grazas por este cartel Aroa. Moi chulo!
Sergio V. fixo este estupendo mural. Moi bo traballo!
O traballo de Luis chega en forma de libriño ilustrado. Está xenial!

Grazas a todos polo voso esforzo. Biquiños

lunes, 23 de marzo de 2020

Comunidade Científica de 4º en acción!

Bo día a tod@s,
Como estades? Espero que sigades todos e todas fenomenal.

Xa van chegando os primeiros traballos sobre Covid-19, e que mellor maneira de comezar o día, que dando boa conta do estupendos que vos están a quedar.

Moi bo traballo, Comunidade Científica de 4º, sodes xeniais!!









Grazas Sergio. Moi bo traballo!











Moi bo traballo Eva! Grazas.







Grazas Samuel, bo traballo!
Grazas polo teu bo traballo Sofía A. 

Solucións fichas 13/03/2020

Bo día!
Espero que esteades a ter unha boa mañá.
Nesta entrada déixovos o enlace coas solucións ao traballo das diferentes materias.
Non vos preocupedes se aínda tedes algún exercicio sen facer. Eso si, facédeos antes de acceder ás solucións. Estas son só para que poidades corrixir.
Mans ao traballo!
Bótovos moitísimo de menos. Unha aperta de ánimo e enerxía!!