lunes, 23 de enero de 2017

PREPARANDO O DIA DA PAZ...

En relación co noso Proxecto sobre Países e Culturas, na nosa clase xurdiu un interese especial polos países asiáticos.

En relación co Día da Paz,unha nena chama a atención dos nosos investigadores
Sadako Sasaki

Afondamos na súa vida e na súa historia
Descubrimos a lenda xaponesa das Mil grúas de papel
Aprendemos sobre o terror vivido polos habitantes de Hiroshima...
Fixemos mooooooooooitas grúas de papel de cores en lembranza desta e outros nenos que viven desgracias por mor das guerras.






Dende a Biblioteca do noso cole invítannos a ler "Wangari e as árbores da paz".
Logo de reflexiónar sobre esta increíble muller Wangari Maathai, nunhas follas que nos deixaron preparadas, redactamos, escribimos e decoramos mensaxes de paz.
As follas agromarán xunto ás de outros compañeiros/as do cole nesta fermosa árbore,que nos recibirá á entrada á escola.


martes, 20 de diciembre de 2016


BO NADAL!!

Atrás queda o noso primeiro trimestre, moitas foron as vivencias compartidas.
Por diante, unha morea de experiencias por vivir e de cousas por descubrir...

Vémonos á volta. Felices festas!










lunes, 19 de diciembre de 2016


Fixémola boa! 
Todo nos parece pouco cando se trata das nosas familias, así que improvisamos un obradoiro de artesanía navideña para elaborar outro pequeno agasallo.












































Enfariñámonos ben de arriba abaixo, nós e maila clase, pero logo deixamos todo ben recollido e limpiño. 
O cole quedou impregnado dun formidable arrecendo que nos transportaba ao Nadal, grazas ao noso ingrediente sorpresa: a canela