martes, 11 de septiembre de 2018

3, 2, 1..., COMEZAMOS!

Comezamos unha viaxe que, a través de contos e historias, nos levará a diferentes lugares e culturas, que aprenderemos a situar en mapas..., 

que a través de experimentos nos achegará á ciencia, 

que nos axudará a entender mellor o universo dos números 

e a comprender que pequenos/as somos neste Universo! 

Xogaremos a ser detectives de palabras e creadores dos máis marabillosos relatos inventados.

Viaxaremos polo mundo das artes e seremos artistas coas nosas propias creacións.

Cunha máquina do tempo viaxaremos a diferentes momentos do pasado.

Crearemos aprendizaxes que nos acompañarán na viaxe da nosa vida.

Noa, Lucas, Sofía, Pedro, Iago, Hugo, Sara, Sabela, Eva, Sergio, Aroa, Pablo, Isaac, David, Sofía Candela, Diego, Leire, Laura, Artai, Brais, Samuel, Luis, Sergio, Daniel... Benvid@s a 3º!



                       












3, 2, 1..., comezamos!

viernes, 31 de marzo de 2017

O DÍA QUE ROSALÍA VIAXOU CONNOSCO ATA O XAPÓN

Foi toda unha experiencia plasmar a vida de Rosalía en láminas para o Kamishibai. Tanto a recopilación de toda a información para a presentación, como as ilustracións, foi o traballo dos marabillosos alumn@s de 5º de Educación Primaria.
O público, tamén de excepción, os compañeir@s e mestres/as de todas as demáis titorías, tanto de Infantil como de Primaria.
Moitísmas grazas pola vosa boísima acollida


















































martes, 28 de marzo de 2017

HORA DE LER, PROBANDO, PROBANDO...

Probando distintos escenarios, probando diferentes posicións,
probando a disfrutar dunha boa lectura...