jueves, 4 de junio de 2020

A colcha da amizade

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Agardo que disfrutarades tanto como min a videoconferencia de onte. 

Que peniña da saber que queda tan pouquiño tempo para rematar o curso, e, por outra banda, ben sei que vos fan moita falta unhas merecidísimas vacacións. 
Moito ánimo, porque xa non queda nada e o estades facendo xenial!



Hoxe  propoño que comecemos con estas actividades de Matemátic@s Pro. No enlace tedes unha carpeta co tema completo de Fraccións e a ficha de actividades de hoxe.

Agora facemos esta tarefa de Saborea a lingua.

Na Axencia de Detectives Lingüísticos precisan da vosa axuda nunha investigación sobre o enigma da escritura. Lupas preparadas!

Reto artístico parte I: Seguimos xogando con IMAXEO
Esta vez trazamos, coas gomas do xeoplano virtual, triángulos de tódolos tipos segundo a lonxitude dos seus lados e segundo os seus ángulos. Podedes enviarme algunha foto das vosas creacións. Toda a información de repaso no seguinte video.



Reto artístico parte II: Imos tomarnos uns días para facer esta parte con calma e moi boa presentación, xa que imos facer unha obra de arte colectiva. Instruccións aquí A Colcha da Amizade. Cando teñades todo listo enviádeme as fotos para a montaxe.

Lembrade que estou aquí, ao outro lado do teléfono e do correo para todo o que poidades necesitar. 
Deséxovos moi feliz día a vós e ás vosas familias. Moitos biquiños!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario