viernes, 19 de junio de 2020

Gran Festival Fin de Curso 4º

Axenda 4º primaria, 15 xuño - 21 xuño
Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día queridiños e queridiñas, moi bo día familias!
Chegou o gran día, o día do noso Festival de Fin de Curso!
Supoño que estades emocionados coa chegada das tan desexadas pero tamén merecidas vacacións de verán.

Seguro que xa vistes os boletíns. Que ben o fixestes!

Desta volta despedir o curso non vai ser o mesmo, xa leva moito tempo sen ser o mesmo. Estamos a vivir un momento histórico e aínda así, puxestes todas as vosas enerxías en facelo o mellor posible. O camiño ata aquí non foi nada doado, pero o conseguistes.

Quero agradecervos o voso traballo durante todo este tempo, a ilusión que contaxiades por seguir descubrindo o mundo, e o compromiso que mantedes coa vosa aprendizaxe.
Ademáis quero felicitarvos por ese cariño e respeto que tedes entre vós e que vos fai ser un grupo tan especial, un verdadeiro Equipo. Seguide así, non cambiedes nunca.

A vós, pais, nais e incluso algúns avós e avoas, quero agradecervos a implicación, dedicación e colaboración coa que tiven, sempre, a sorte de contar.
É incrible como reinventastes os vosos fogares para facer que todo esto fose posible, a escola na casa. A través das xanelas virtuais e dos teléfonos, sentinme moi ben recibida nos vosos fogares e podo dicir que teño un pedaciño de cada un/unha de vós, aquí, na miña casa

Faltan as palabras e sobran as palabras, para dicir o que sería tan fácil de expresar cunha aperta. Espero que poidades sentir a miña, ben forte, para tod@s vós.

E agora imos coa planificación para hoxe:
Ás 11:00h, en directo, terá lugar, aquí mesmo, a estrea do noso Festival de Fin de curso. Así que lembrade visitar o blogue a esa hora. Se as novas tecnoloxías non nos poñen trabas, estaremos a disfrutalo xunt@s na distancia. Que impaciencia!
Ao remate da nosa función, a Profe María José e os seus nen@s convídannos visitar o seu blogue de 1º para disfrutar do seu tamén, espectacular, Festival de Fin de Curso


Ás 13:00h, tal como acordamos, vémonos na videoconferencia para comentalo festival e para unha despedida de ATA PRONTO.
Unha aperta enoooooooooorme e moitos biquiños

3 comentarios:

  1. Parece mentira q ya acabe este curso,qué rápido va todo.
    Solo darte las gracias por tu trabajo, dedicación, devoción por ser como eres, a mi si q me faltan las palabras pero quiero q sepas q ese cole nuevo se lleva a una estupenda profesora pero lo más importante de lleva a una gran persona.

    ResponderEliminar
  2. Noemí, GRACIAS por estos dos años, mucha mucha suerte en tu nueva etapa, fue estupendo tenerte como profe de Sofi y súper divertido todas tus propuestas siempre,bueno,ya sabes todo lo que pienso... Te vamos a echar todos de menos...

    ResponderEliminar
  3. Ya te vamos a hechar de menos Noemí gracias por todo lo que nos enseñaste a todos un abrazo 😍😍😭😭

    ResponderEliminar