viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día! Xa estamos a venres!
Agardo que esteades todos fenomenal.
Xa en nadiña, dous días enteiros de descanso e desconexión

O luns vin no blogue de 1º que hoxe era o Día Mundial do Medio Ambiente. Achégovos dúas propostas para conmemorar unha tan importante data.

A primeira, esta presentación que remata cun reto artístico ao estilo de František Czanner, ilustrador de Angry Earth (Tierra enfadada)

A segunda, visitar a web de Nacións Unidas Día Mundial do Medio Ambiente, onde poderás disfrutar de videos, artigos, actividades interactivas...

Outras propostas,
Comezamos con estas actividades de Matemátic@s Pro
Na Axencia de Detectives Lingüísticosprecisan da vosa axuda nunha investigación sobre o reino dos fungos.
Esta é a proposta de Saborea a Lingua

A continuación, déixovos una presentación sobre A Idade Antiga: Íberos e Celtas, que traballamos na clase do mércores. 
Na presentación ides atopar unha proposta de traballo relacionada con este tema. 
Tedes ata o próximo mércores para facela. Coma sempre, podedes enviar algunhas fotiños do resultado. Seguro que vos quedan uns traballos estupendos.



Deséxovos unha moi feliz fin de semana. Non esquezades colaborar na casa, xogar, ler, disfrutar, cantar, bailar, sorrir, rir moito, dar paseos con sentidiño e ser moi, moi felices.
Vémonos o luns. Unha aperta enorme e un montón de bicos

No hay comentarios:

Publicar un comentario