viernes, 12 de junio de 2020

Todo sairá ben!

Axenda 4º primaria, 8 xuño - 14 xuño
Axenda 4º primaria, 1 xuño - 7 xuño
Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo


Bo día e moi feliz venres, queridiños e queridiñas.
Xa por fin chegou a fin de semana, xa por fin nunha semana estades de vacacións...

Si, bonitiños, o merecidísimo descanso está á volta dunha semana.
Depois de todo o esforzo e compromiso pola vosa parte e pola das vosas familias, só me queda agrader, unha vez máis, que fixerades posible todo o traballo que levamos feito. 
Formamos un grande equipo. Estamos xuntos na distancia! 



As propostas para hoxe son as seguintes:
1. Revisamos se temos algunha tarefa pendente de realizar ou de rematar.
2. Se tedes todo rematado, non esquezades preparar e enviar os vídeos que quedan pendentes para o festival e os vosos retallos para a colcha da amizade. 
3. Se non tes nada pendiente de rematar e/ou entregar, disfruta dos últimos capítulos de "La Magia máis poderosa".

Pasade unha fin de semana marabillosa, disfrutando moito dos que máis vos queren. 
Eu sigo aquí, ao outro lado do teléfono e das xanelas virtuais, por se precisades calquera cousiña.
Moitos bicos e apertas


2 comentarios: