martes, 12 de mayo de 2020

As pitas baixo a choiva

Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi bo día a tod@s! Espero que sigades todos ben
Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais. A homenaxe ao gran escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro. Aínda así, nós imos tratar de celebralo (aínda que dun xeito moi distinto a como o viñamos facendo), durante toda esta semana.
Hoxe para comezar, convídovos a que vos mergulledes na vida e obra do autor homenaxeado este 2020: RICARDO CARVALHO CALERO.
E que mellor xeito de facelo, que disfrutando da lectura deste breve relato, no que Ricardo Carvalho, nos conta unha divertida anécdota que lle sucedeu de rapaz.  Agardo que vos guste. Clica na imaxe.

 As pitas baixo a choiva
Neste enlace Reto Letras Galegas 2020 déixovos a canción coas partes que acordamos corresponden a cada un. E as instruccións para este reto artístico. 

Dende os enlaces de máis abaixo, podedes acceder a diferentes actividades relacionadas co autor homenaxeado e as súas obras. 
Podedes botarlle unha ollada e ir facendo algunhas, durante estes días. 
Non é preciso imprimir nada. 
Podedes facer algunhas nos vosos cadernos, outras de forma oral... 

Lembrade familias que non é preciso facelo todo, senón que son propostas que podedes adaptar ás vosas realidades, que bastante complicadas son estes días. 
O ritmo o marcades vós, papá e mamá.


Dende o equipo de Dinamización e dende a Biblioteca do cole, tamén nos fan Propostas Letras Galegas 2020

Eso sí, non esquezas facer as divisións que acordamos de 2 cifras. E, entre hoxe e mañá, fai estas actividades, páx. 180, ex. 1; e páx. 181, ex. 3 e 4 do Tema 12 MAT para comprobar se o entendemos ben ou temos algunha dúbida, que poidamos ver xuntos, durante a clase de mañá.

Unha aperta enorme de moito ánimo e enerxía. Deica!

No hay comentarios:

Publicar un comentario