jueves, 7 de mayo de 2020

Lúa das flores...

Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día! Como vai todo?
Espero que sigades todos ben.
Mirade que cousiñas bonitas...

Sergio e a súa irmá Alba arranxaron este precioso Maio

Sara fixo este orixinal e multicolor Maio. Quedou fabuloso!

E agora vouvos compartir unha curiosidade...
Na madrugada de hoxe poderase ver a última superlúa do ano.
Tal e como informa o Real Observatorio, durante a madrugada que vai do 7 ao 8 de maio alcanzarase a fase de plenilunio, coincidindo coa maior cercanía entre a Lúa e a Terra. Así, basta con asomarse á ventá ou balcón, para poder contemplar a superlúa esta mesma noite.
Esta superlúa que ten lugar en maio, recibe o nome de "Lúa chea das flores", porque coincide coa época na que a natureza se enche de flores, debido á época primaveral no hemisferio norte.
Parece que algunhas culturas antigas (indios americáns, por exemplo) contaban o calendario dando nomes ás lúas cheas de cada mes
Que interesante!

E agora imos coas propostas para hoxe:
Teño que volver pedir a vosa axuda. Necesito que volvades facer vós, na casa, algo que acostumabamos facer xuntos, na clase e que é moi importante. Preciso que vaiades revisando e autocorrixades o traballo, que xa teñades feito, destas fichas que vos deixo a continuación. 
Nesta carpeta Solucións 7/05 atoparedes as solucións a varias das últimas fichas. 
Se xa as tendes feitas, por favor, correxídeas. Se están sen facer, por favor, esperade a facelas, para logo revisalas. Nos próximos días irei adxuntando as que faltan.

Agora imos darlle un último repaso a esta parte de matemáticas. Actividades Mat 7/05Lembrade anotar as dúbidas que poidades ter, para a clase de mañá.

Repasamos o que traballamos na clase do martes sobre As plantas. No enlace tedes as páxinas correspondentes para repasar e para facer as actividades: pax. 9 ex. 1, pax. 11 ex. 1 e 2. Tamén podedes acceder ao libro, coas vosas claves. 

E agora unha misión especial... 
Imos facer esta 1ª práctica de laboratorio, das moitas que faremos en adiante. 
O mundo creativo dos escritores e ilustradores precisa da vosa axuda. Axudádeos a destapar algúns dos frascos da imaxinación
Agora que xa comezaches a dar forma a un mundo propio, anímate a debuxar algún dos seus elementos e convírtete nun mágnífico/a ilustrador/a 
Agardo os vosos traballos creativos de escritura e ilustración.

Desexo que teñades un día precioso! Biquiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario