viernes, 29 de mayo de 2020

As doce probas de Astérix

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día queridiños e queridiñas,
Un día novo comeza, o sol brilla e xa, en nadiña, estamos na fin de semana.
Esta semana fixestes novamente un boísimo esforzo, vós e as vosas familias. Grazas á vosa implicación e compromiso facedes posible que esto siga funcionando, a escola na casa, estamos xuntos na distancia. 

Seguen chegando máis traballiños. 
Os primeiros da Prehistoria. Parabéns Hugo e Leire, Están magníficos!

Vexo que vos animastes co xeoplano. Comparten as súas creacións Hugo e Sergio.

Luis e o seu irmán Roque comparten connosco unha foto da plantación que teñen en marcha. Grazas!

Como propostas para hoxe...

Facemos estas actividades de Matemátic@s Pro

Pasaredes un rato estupendo con esta divertida práctica do Laboratorio de Escritura

Imos ler o capítulo 5 de "La magia más poderosa"

Na presentación da Prehistoria xa engadín a Idade dos Metais e a proposta de traballo.


Na última videoclase, falamos de Obélix. Achégovos o enlace a unha das súas divertidísimas películas, "As doce probas de Asterix". Espero que vos guste tanto como a min.

Non esquezades colaborar na casa, xogar, ler, disfrutar, cantar, bailar, sorrir, rir moito, dar paseos con sentidiño e ser moi, moi felices.
Vémonos o luns. Unha aperta enorme e un montón de bicos


2 comentarios: