miércoles, 20 de mayo de 2020

Compromiso coas Abellas

Axenda 4º primaria, 18 - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Un día máis comeza e cada vez queda menos para as vacacións. O sol pega con forza e avísanos de que o verán está máis cerca.
Moito ánimo para este último esforzo. Estades a facelo de marabilla!!

Achégovos familias o enlace a
 Fondo libros


Hoxe é o Día Mundial das Abellas. Xa sabemos que son polinizadores que axudan  a que as plantas se reproduzan e ademáis contribúen, directamente, para conservar a biodiversidade.
Clicando na foto podedes acceder á páxina de Nacións Unidas onde atoparedes un montón de información e curiosidades sobre estes seres, sobre os productos da colmea, os apicultores,...

 un

E agora imos coas propostas de hoxe:

Ponte a proba con estas actividades para Matemátic@s Pro .

Continúa con estas tarefas de Saborea a Lingua

Durante a clase do luns falamos de que traballaríamos a xeometría a través da plástica. Comezamos! O Reto Artístico que vos propoño hoxe consiste en facer un traballo de investigación doméstica. Observando nas vosas casas, comprobaredes que estamos arrodeados de obxectos con formas e corpos xeométricos. Escollede algúns deses obxectos e facede unha composición que plasmaredes nun debuxo (lembrade a importancia dun bo traballo, limpo e ben presentado). Agardo ver as vosas creacións.

Vémonos na videoclase de hoxe. Biquiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario