Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo
Bo día!
Cómo estades?
Xa a metade de semana e hoxe volvemos vernos, que ben!
Imos comezar o día como tanto nos gusta con música e... a bailar!!
Que recarga de enerxía! Moi bos momentos temos pasado de música e baile xuntos, non sí?
Que lembranzas tan bonitas!
Bueno, agora que xa estamos activados, e que que xa sodes uns expertos na biografía de Ricardo Carvalho Calero, propóñovos participar no seguinte preguntoiro, a ver se sodes quen de responder correctamente.
Imos seguir traballando o tema 12 de matemáticas facendo o ex. 1 da páxina 182 e o ex. 2 da páx. 183. Repasamos todo o tema, que xa está rematado. Podedes acceder dende aquí ao Tema 12 ou coas vosas claves de Anaya.
Hoxe toca ler o capítulo 3 de "La magia más poderosa". Sei que moitos de vós xa ides por diante. Non me extraña. É un libro xenial!!
E agora poñede a proba a vosa creatividade lingüístico literaria con esta actividade de Práctica de laboratorio
Un último esforzo para facer estas actividades sobre os Verbos e repasamos ben o recadro.
Vémonos en nada. Canto me apetece!
Biquiños
hola
ResponderEliminarHola Luis,
ResponderEliminarBiquiños