miércoles, 6 de mayo de 2020

Chegan os maios

Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Que tal queridiños e queridiñas?
Foi xenial vernos onte e pasar ese ratiño xuntos, aínda que agora teña que ser, a través das pantallas dos nosos ordenadores, tablets...

Seguen a chegar máis traballos de Maios...
Sofía A. e a súa familia fixeron este precioso Maio con elementos naturais

 Eva e a súa familia fixeron este, tamén precioso Maio, mesturando flores de papel de cores con flores naturais

Pablo fixo esta estupenda versión minimalista dun Maio
Moitas grazas polas vosas aportacións. Lembrade que non temos data límite. Así que, se vos animades, podedes seguir achegando os vosos, cando os teñades.

Cambiando de tema... Xa tivestes ocasión de ler o primeiro capítulo de "La magia más poderosa"? Que interesante xiro comeza dando a un dos nosos clásicos máis coñecidos, verdade?

Déixovos neste enlace, El octavo enano,  unhas actividades relacionadas co comezo desta lectura, que promete ser moi interesante.

Imos darlle un repasiño a esas matemáticas Unidades de capacidade e peso
Agora imos poñer en práctica o que estamos aprendendo sobre O Verbo. Déixovos tamén a carpeta cos arquivos de repaso Pronomes Persoais e Verbos

Desexo que teñades un día magnífico. Apertas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario