martes, 26 de mayo de 2020

Historiadores polo tempo

Axenda 4º primaria, 25 maio - 31 maio
Axenda 4º primaria, 18 maio - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día,
Como estades? Despois dos paseos ao sol, as nosas enerxías vanse recargando para o que queda.
A luz coa que amencemos estes días avisa de que o mellor está por chegar.
Veña queridiños e queridiñas, estamos xuntos nisto!

Seguen chegando fotos dos vosos traballos de "M-arte-áticas", coas vosas prácticas de xeometría plasmada nuns estupendos debuxos .

Imos coas propostas para hoxe...

No enlace atoparedes as actividades de hoxe so aptas para Matemátic@s Pro

Accede agora aos nosos ponte a proba de Saborea a lingua e da Axencia de Detectives Lingüísticos

A continuación, déixovos una presentación sobre o Paleolítico e o Neolítico que traballamos na clase de onte. 
Na presentación ides atopar dúas propostas de traballo relacionadas con este tema. 
Non son para realizar para mañá. Tedes ata o próximo luns para levalas a cabo. Coma sempre, podedes enviar algunhas fotiños do resultado. Seguro que vos quedan uns traballos estupendos.
Apertas e biquiños

1 comentario: