martes, 19 de mayo de 2020

Ommmmm...., con calma

Axenda 4º primaria, 18 - 24 maio
Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día!
Cómo estades? Agardo que sigades todos fenomenal.
Onte disfrutei moito do tempo que pasamos xuntos, "na distancia". Canto vos boto de menos!

Quero aproveitar para felicitarvos. Estades a traballar un montón e moi ben, aínda a pesar de que as circunstancias son moi complicadas para tod@s e do difícil desta situación.


Hoxe imos comezar con calma. Clica na imaxe



 Calma

Ommmm...., con calma, comezamos coas propostas

Neste enlace achégovos o Tema 1 Matemáticas, que repasamos onte na clase. Repasádeo para facer estas actividades e anotade as dúbidas que poidades ter. 
Non esquezades facer as dúas divisións de dúas cifras con proba.

Agora imos con esta tarefa de Saborea a lingua 

Rematamos con esta tarefa da Axencia de Detectives Lingüísticos

É moi importate que, agora que estamos volvendo repasar todo, non quededes con dúbidas. Anotádeas que aquí estou, no teléfono, no correo, nas videoclases. Sempre é un bo momento!

Aproveitade calquera anaco do día, para disfrutar da lectura.

Vémonos mañá! Que ganas teño!
Apertas


No hay comentarios:

Publicar un comentario