lunes, 11 de mayo de 2020

Meu o mundo é!

Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Feliz comezo de semana, queridiños e queridiñas!
Cómo estades vós e as vosas familias? Agardo que todos sigades ben

Seguen chegando Maios tan feitiños...
Mirade que chulos lles quedaron a Sergio V. e familia...

 ... e a Artai e familia. Moi bo traballo a tod@s e moitas grazas!

Agora imos coas propostas: 
Achégase o Día das Letras Galegas así que esta semana imos comezar cantando e bailando!!


Despois desta brincadeira bulideira, imos traballar neste enlace Letra "Meu o mundo é"  e neste vídeo a súa letra.

Xa a tope de enerxía!! Non si? É un bo momento para poñer en práctica o que vimos en matemáticas o venres nesta actividade Ollo cos ollos
Agora repasa esta parte do tema "Estatística" e fai os ex. 2, 3 e 4 da páx. 179.

Hoxe na videoclase, veremos a "reproducción das plantas". Agora, preparamos nun folio ou nunha páxina nova do caderno de naturais, o título "Partes da flor". A continuación faremos un debuxo dunha flor indicando as súas partes. Tes todo o necesario para este traballo, con algúns exemplos, neste enlace A flor. Non é preciso imprimir nada, xa que o podedes debuxar vós mesmos.

Aos que iades ao cole nas tardes coa profe Sonia, vos volve envíar unha gran aperta e convídavos a visitar o seu Blogue profe Sonia Reforza-T. Por suposto, podedes visitalo tamén os demáis. Está moi interesante e chulo!

Vémonos en nadiña de nada! Biquiños

No hay comentarios:

Publicar un comentario