jueves, 14 de mayo de 2020

Primavera das letras

Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Moi feliz xoves queridiños e queridiñas!
Un día menos para a tan desexada nova normalidade. Canto vos boto de menos!
Menos mal que as xanelas virtuais permítennos estar xuntos na distancia.

Hoxe imos comezar cunha viaxe coa máquina do tempo
Lembrades que se cocía pola nosa clase, nestas datas, o curso pasado??


Que cambiados estades! Canto medrastes!

Propostas para hoxe:
Comezamos exercitando eses cocos matemáticos Probabilidad

Continuamos con estas actividades de Saborea a lingua

Poñemos en práctica as nosas habilidades artístico creativas traballando nos nosos cadernos interactivos de naturais, tal como acordamos na video clase de onte.
Todos tedes que elaborar os catro apartados nos vosos cadernos:
Partes da planta, Fotosíntese, Partes da flor e Polinización.
Lembrade que tedes ata o próximo mércores para facelo ben bonito.
Clicando neste enlace As plantas accededes ás carpetas para cada un dos apartados a traballar, con varios modelos que vos poden servir para copiar ou imprimir.  Podedes usar algún destes, ou outro que deseñedes vós mesmos.
Repasade ben o tema das plantas que xa está rematado!!

Por se resulta do voso interese, clicando na imaxe accededes á páxina Primavera das Letras. Este é un espazo, que a Real Academia Galega, pon á nosa disposición e que este ano está destinado a coñecer máis en profundidade a figura e obra de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. 
Podedes deseñar a vosa ruta a través das fichas descargables e as actividades interactivas

 Primavera das letras
A disfrutar moitísimo do día! Unha aperta enooooooooooorme!

No hay comentarios:

Publicar un comentario