Axenda 4ºprimaria, 11 maio - 17 maio
Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio
Axenda 4º primaria, 27 abril - 3 maio
Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo
Bo día queridiños e queridiñas,
Como estades hoxe? Agardo que todos ben.
"El día que Saída llegó, a mí me pareció que se le habían perdido todas las palabras. Así que intenté buscarlas por los rincones, esquinas, agujeros, cajones, descosidos para ver si entre ellas y yo le borrábamos esas lágrimas que le asomaban entre las pestañas largas y el silencio espeso...
- En Marruecos -dijo- a ti tampoco te servirían las tuyas."
Dende este enlace El día que Saída llegó accededes á proposta de traballo baseada nesta fermosísima historia. Desexo que vos guste moito, moito.
Tal como comentamos onte na videoclase, imos facer as actividades interactivas sobre as plantas. Para acceder a elas, debedes entrar cos vosos contrasinais en Anaya, abrir o libro dixital de Ciencias Naturais e acceder ao Tema 1.
Faremos as seguintes actividades: A nutrición nas plantas, A relación nas plantas, Froitos secos e carnosos, Identifica as etapas da reproducción sexual e o Test final.
Estas son as que seleccionei, pero por suposto, estaría xenial que lles botarades unha ollada ao resto e aos vídeos e presentacións que aparecen na mesma páxina. Son interesantísimas. Xa me contaredes.
O reto artístico de hoxe consiste no seguinte... Os ángulos no teu nome
Moitos biquiños
No hay comentarios:
Publicar un comentario