martes, 5 de mayo de 2020

Maio longo...

Axenda 4º primaria, 5 maio - 10 maio

Axenda 4º primaria, 23 marzo - 29 marzo

Bo día e moi feliz semana!
Cómo estades tod@s? E as vosas familias?
Agardo que esteades todos ben.

Xa van chegando os primeiros maios. Que bonitiños están! Que alegría traen a estes días nos que aínda nos acompaña a chuvia...

Iago e a súa familia fixeron este fantástico maio con cartolinas e papeis de cores.

 Samuel e a súa irmá Claudia fixeron estas estupendas flores co cartón dos ovos.

Hugo e a súa familia fixeron este maio tan colorido como bonito.

Leire e a súa familia fixeron un precioso maio mesturando papeis e cartolinas con elementos naturais

Mía e Noa tamén queren compartir con vós, este que prepararon para as súas clases.


E agora as propostas para estes días:

Dende esta carpeta podedes acceder aos esquemas sobre "O Verbo" que estivemos traballando na última videoclase. Lembrade que non é preciso que imprimades nada, xa que podedes facer vós mesmos estes cadros e debuxos nunha folla. Logo, só tedes que recortar e pegar nos vosos cadernos para logo completalos, tal e como falamos o xoves, usando estes como modelos. 

No caderno comezamos co recortable da flor dos pronomes persoais. No documento hai instrucións detalladas de que facer. Non esquezades poñer primeiro o título.

A continuación nos nosos cadernos poremos o título "El verbo" ou "O verbo" e faremos unha das plantillas dos verbos (castelán ou galego, elixide). Coma sempre, non é preciso imprimir, podemos debuxar os cadros nunha folla. Logo, só tedes que recortar e pegar nos vosos cadernos, para logo completalos, tal e como falamos o xoves, usando estes como modelos. Fixádevos que son desplegables como os que acostumamos facer na clase.

Déixovos estas Actividades pronomes 1 para practicar e para que vos axuden a estudar ben estes contidos.

Hoxe Poñémonos a proba con... Que sabemos sobre a poboación? No enlace atoparás tanto as actividades como a carpeta co tema completo, para consultar e repasar. 

Imaxino que revisastes coas licencias da editorial Santillana que podedes acceder ao libro dixital "La magia más poderosa" de Carlo Frabetti.
Imos comezar coa súa lectura para logo traballalo xuntos.
Leremos para mañá o 1º capítulo: El octavo enano

E rematamos cunha fermosa canción que da título a esta entrada



Vémonos nun chisquiño,
Bicos

No hay comentarios:

Publicar un comentario